| Día da Clase Obreira Galega |
12/03/2008 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'50'',
espazo en disco: 19.645.366 bytes [18,7 Mb]). Realización: Zélia García. |
Actos da CIG en Ferrol
Mil
persoas secundan a manifestación nacional do 10 de Marzo
Por volta de mil persoas participaron
en Ferrol na manifestación nacional que organizou a CIG no Día da Clase Obreira Galega. A denuncia
da carestía da vida, a reclamación do Marco Galego de Relacións Laborais e a defensa da soberanía
do país foron os eixes sobre os que xirou a marcha do 10 de Marzo. |
 |
 |
 |
| A CIG, segunda forza sindical en Galiza co 28,6%
dos delegados/as |
18/01/2008 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'57'',
espazo en disco: 17.512.468 bytes [16,7 Mb]). Realización: Roi Ribeira. |
O sindicalismo nacionalista avanza do 26,2% en
2003 ao 28,6% en 2007 e pasa a ser a segunda forza en Galiza
A
CIG medra en máis de 1.000 delegados a súa representación nas eleccións sindicais
“Trátase dun resultado histórico
que reafirma o modelo que representa a CIG e constata o avance do sindicalismo nacionalista”. Así avaliaba
a Executiva Confederal da CIG os resultados do proceso de eleccións sindicais rematado o 31 de decembro.
Uns resultados que a sitúan como segunda forza, con 5.623 delegados/as. |
 |
 |
 |
| Agrávase o conflito dos mariñeiros
e percebeiros |
20/12/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'59'',
espazo en disco: 21.039.014 bytes [20,0 Mb]). Realización: Antón Álvarez Sanz. |
“Foi unha actuación fascista, brutal e sen
precedentes”, considera Paulo Carril
A
policía carga outra vez contra mariñeiros e percebeiros
Agrávase o conflito dos mariñeiros
e percebeiros damnificados pola construción do porto exterior coruñés. A policía española
cargou na mañá do 19 de decembro contra uns corenta integrantes do colectivo que se concentraban
ás portas da Autoridade Portuaria, onde se ía celebrar unha reunión do Consello de Administración
do Porto. |
 |
 |
 |
| Percebeiros e mariñeiros: “polo noso futuro
e os nosos dereitos” |
06/12/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'38'',
espazo en disco: 13.862.522 bytes [13,2 Mb]). Realización: Antón Álvarez Sanz. |
O colectivo de afectados polas obras do Porto exterior
coruñés segue sen cobrar as indemnizacións
A
policía reprime mariñeiros mentres Touriño celebra a Constitución española
A policía española desaloxou
pola forza unha protesta de mariñeiros afectados pola construción do Porto exterior de A Coruña.
Simultaneamente á carga, que se produciu na tardiña do 5 de decembro, na Delegación do Goberno
celebrábase un acto solemne en honra á Constitución española. |
 |
 |
 |
| Os traballadores do sector Deportes por un Convenio
propio |
23/11/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 1'24'',
espazo en disco: 7.142.078 bytes [6,81 Mb]). Realización: Antón Álvarez Sanz. |
Demandan un convenio colectivo propio
Os
traballadores do sector de Deportes trasladan as súas protestas até a Xunta
Os traballadores/as do sector de Deportes
e Espectáculos da provincia de A Coruña levaron o 22 de novembro as súas protestas até
a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta. Tras ocupar por espazo duns minutos as oficinas deste departamento,
radicadas no Estadio de San Lázaro de Compostela, lograron ser atendidos por un asesor da Consellaría
de Cultura e Deporte. |
 |
 |
 |
| Aínda non comezaron as clases na Escola
de Artes e Oficios de Vigo |
18/10/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'10'',
espazo en disco: 12.573.768 bytes [11,9 Mb]). Realización: Zélia García. |
Aínda non comezaron as aulas
Alumnos
e alumnas da Escola de Artes e Oficios de Vigo maniféstanse pola falta de profesorado no centro
Diante do Marco, na rúa Príncipe
de Vigo, un numeroso grupo de alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios concentrábanse cos seus instrumentos
e moita música para denunciar a situación na que se atopa este centro, que con máis de 300
alumnos aínda non conta con profesorado para este curso. |
 |
 |
 |
| Folga polo Convenio da Construción da provincia
de Pontevedra |
11/10/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'59'',
espazo en disco: 28.851.292 bytes [27,5 Mb]). Realización: Zélia García. |
Catro detidos na marcha de Vigo
Continúan as mobilizacións e o maioritario paro na folga da Construción
por cuarto día
Unha nova xornada de folga comezou no
sector da Construción da provincia de Pontevedra este martes 9 de outubro, con novas mobilizacións
e negociacións desde o luns 8 á tarde, e na que se chegaron a acordos nos temas máis sinxelos
como os permisos, a duración do convenio ou a xubilación parcial. |
 |
 |
 |
| Folga polo Convenio da Construción da provincia
de Pontevedra |
10/10/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 5'40'',
espazo en disco: 23.534.370 bytes [22,4 Mb]). Realización: Zélia García. |
Catro detidos na marcha de Vigo
Continúan as mobilizacións e o maioritario paro na folga da Construción
por cuarto día
Unha nova xornada de folga comezou no
sector da Construción da provincia de Pontevedra este martes 9 de outubro, con novas mobilizacións
e negociacións desde o luns 8 á tarde, e na que se chegaron a acordos nos temas máis sinxelos
como os permisos, a duración do convenio ou a xubilación parcial. |
 |
 |
 |
| Non ás agresións na Fonte do Santo,
xeriátrico de Coirós |
09/10/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'02'',
espazo en disco: 10.654.306 bytes [10,1 Mb]). |
A traballadora, que se atopa de baixa laboral,
fora agredida días atrás pola xefa
Unha
mobilización da CIG consegue que unha empregada do xeriátrico de Coirós cobre
Arredor de cincuenta persoas participaron
na concentración de repulsa á agresión sufrida por unha traballadora da residencia de anciáns
“Fonte do Santo” de Coirós. Os participantes no acto, organizado pola CIG o 6 de outubro, non abandonaron
o lugar até que os responsábeis do xeriátrico lle pagaron a nómina a esta empregada. |
 |
 |
 |
| Folga polo Convenio da Construción da provincia
de Pontevedra |
05/10/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 6'25'',
espazo en disco: 10.035.036 bytes [9,56 Mb]). Realización: Zélia García. |
Folga consolidada na terceira xornada
Dóbrase a participación na manifestación polo centro da cidade
de Vigo dos traballadores da Construción
Remata a primeira quenda de xornadas
de folga da Construción nesta primeira semana de outubro cunha avaliación “moi satisfactoria”, e
que posibilita afrontar as futuríbeis negociacións coa patronal con grande forza e unidade. O máis
destacábel deste último día foi o grande aumento de participación na manifestación
polo centro de Vigo. |
 |
 |
 |
| Non ao derrubo da vivenda de Charo e Manolo! |
01/10/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 9'03'',
espazo en disco: 9.480.022 bytes [9,04 Mb]). Realización: Zélia García. |
Traballador do Naval e afiliado á CIG afectado
Os
traballadores e veciños de Sampaio evitan coa súa presión o derrubo da casa de Charo e Manolo
en Vigo
Nunha cidade na que hai máis
de 2.000 edificios ilegais e unha especulación ilimitada unha familia de traballadores é ameazada
co derrubo da súa vivenda pola demanda dunha veciña, descontenta cunhas reformas. O xuíz ordeou
derrubar a casa e veciños/as, traballadores/as fixeron fronte á orde xudicial que tentou executar
o Concello. |
 |
 |
 |
| O persoal de Vimenca (Vilagarcía), abandonado
polos empresarios |
29/09/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'02'',
espazo en disco: 8.753.308 bytes [8,34 Mb]). Realización: Zélia García. |
Desde abril abandonaron esta empresa
Os
traballadores de Vimenca e Áridos de Vilagarcía protestan diante da casa dos empresarios
Un colectivo de traballadores/as afectadas
polo abandono de prefabricados de obra Vimenca e Áridos de Vilagarcía estiveron protestando nunha
das rúas máis céntricas de Vilagarcía, na que vive un dos empresarios que deixou ao
seu persoal contratado abandonado e que levan desde xuño sen cobrar o seu salario. |
 |
 |
 |
| Limpezas hospitalarias de Ourense polo Convenio
Colectivo |
26/06/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'54'',
espazo en disco: 9.670.544 bytes [9,22 Mb]). Realización: Zélia García. |
Este martes e mércores en Ourense
Dúas
xornadas de mobilizacións das traballadoras de limpeza de CHOU polo Convenio
As máis de 170 traballadoras
afectadas polo Convenio Colectivo do servizo de limpezas hospitalarias de Ourense volveron mobilizarse esta semana
de novo durante dúas xornadas con concentracións mañá e tarde. A primeira delas foi
diante do CHOU, a deste mércores foi no exterior das oficinas de Ferpesa, unha das empresas que ten contratados
os seus servizos e que se nega a negociar. |
 |
 |
 |
| Os ambulancieiros demandan o cumprimento do Convenio |
25/06/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'05'',
espazo en disco: 25.665.420 bytes [24,4 Mb]). Realización: César Caramés. |
Demandan que o SERGAS exixa á patronal o
cumprimento do Convenio
Os
traballadores de ambulancias concéntranse diante das oficinas do Sergas en Compostela
Traballadores de ambulancias e representantes
da CIG concentráronse, o luns 25 de xuño, diante das oficinas do SERGAS de San Lázaro, en
Compostela, en demanda de que se cumpra un Convenio que a CIG nin sequera asinou por consideralo insuficiente. |
 |
 |
 |
| Convenio galego de Banca XA! Non aos pactos de
Madrid! |
21/06/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'25'',
espazo en disco: 9.830.766 bytes [9,37 Mb]). Realización: Zélia García. |
Diante das sedes centrais dos principais bancos
A
CIG contesta un mal preacordo no Convenio Estatal da Banca con unha concentración nacional en Vigo
O pasado xoves día 21 de xuño
preto dun cento de delegados e delegadas da CIG do sector da Banca concentráronse ante as principais Entidades
na cidade de Vigo para dar resposta á sinatura dun mal preacordo de Convenio estatal de Banca por parte
da patronal AEB e os sindicatos españois CCOO e UGT. |
 |
 |
 |
| Limpezas hospitalarias de Ourense, Convenio XA! |
18/06/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'24'',
espazo en disco: 9.638.047 bytes [9,19 Mb]). Realización: Pequeno. |
Catro concentracións diante do CHOU
As
traballadoras de limpezas hospitalarias mobilízanse pola negociación do convenio
A semana pasada en dúas ocasións
e este luns 18 de xuño e o martes 19 as traballadoras do servizo de limpezas hospitalarias saíron
ás portas do Complezo Hospitalario de Ourense a manifestarse pola negociación dun convenio, que ás
empresas concesionarias se negan a dialogar, e non prevén ningún tipo de incremento salarial. |
 |
 |
 |
| Folga en Ferroplast (O Porriño) por un
Convenio digno |
13/06/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 1'24'',
espazo en disco: 9.467.510 bytes [9,02 Mb]). Realización: Pequeno. |
Concentracións diante das instalacións
Folga
masiva en Ferroplast por un convenio que recolla as demandas salariais e laborais dos traballadores/as
Este mércores 13 de xuño
e o xoves 14 a CIG convocou folga na fábrica de Ferroplast despois dun intenso período de infrutuosas
negociacións polo Convenio propio desta empresa do Metal situada en O Porriño. O seguimento da folga
foi moi maioritario e este xoves continuarán as mobilizacións e asembleas de traballadores e traballadoras. |
 |
 |
 |
| Intervención CIG na Asemblea Xeral de Caixa
Galicia en A Coruña |
09/06/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 5'27'',
espazo en disco: 9.587.370 bytes [9,14 Mb]). |
A CIG inicia un calendario de mobilizacións
que poderán rematar coa convoctoria da primeira Folga na historia da Entidade
A
situación laboral marcou a Asemblea Xeral de Caixa Galicia
O día 9 de xuño tivo lugar
a reunión anual do máximo órgano de goberno da Caixa Galicia que estivo marcada pola situación
laboral, tanto pola presenza dunha concentración da CIG na porta, como polo discurso do director xeral,
como polo voto negativo dos representantes do persoal á xestión do exercicio 2006. |
 |
 |
 |
| Peche dos traballadores de Serrabal nos Concellos
de Cee e Vedra |
05/06/2007 |

Descarga
o vídeo. Concello de Cee.
(Formato do vídeo: Windows Media
Video [wmv], duración: 2'15'', espazo en disco: 16.942.547 bytes [16,1 Mb]). Realización: Roi Ribeira. |
Os traballadores afectados polo trazado do tren
de alta velocidade desconvocan temporalmente as medidas de presión
ADIF
comprométese a presentar nunha semana un novo informe sobre o impacto do AVE na mina de Serrabal
ADIF comprometeuse a presentar no prazo
dunha semana un novo informe sobre o impacto do trazado do AVE a seu paso pola mina de Serrabal, logo dunha xuntanza
con representantes sindicais e cos conselleiros de Industria, Traballo e Política Territorial. Tras coñecer
a medida, os traballadores desconvocaron os peches nas casas consistoriais de Vedra, Cee e Arteixo. |

Descarga
o vídeo. Concello de Vedra.
(Formato do vídeo: Windows Media
Video [wmv], duración: 4'36'', espazo en disco: 23.943.244 bytes [22,8 Mb]). Realización: César Caramés. |
 |
 |
 |
| Folga Construción polo Convenio da provincia
de Pontevedra (II) |
24/05/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'01'',
espazo en disco: 10.318.322 bytes [9,83 Mb]). Realización: César Caramés. |
Ábrese a posibilidade de folga indefinida
no sector a partir do 15 de xuño
Seguimento
total da folga da Construción na provincia de Pontevedra na segunda xornada de mobilización
Este xoves 24 de maio volvían
“traballar” desde primeiras horas da mañá os piquetes en toda a provincia, aínda que desta
volta a maioría das empresas amencían xa pechadas. O paro ampliouse a zonas máis afastadas
dos centros das cidades e vilas, e agora desde a Construción chega o momento das avaliacións e reflexións. |
 |
 |
 |
| Entrevista a José Elorrieta, secretario
xeral de ELA Sindikatua |
01/06/2007 |

Descarga
o vídeo entrevista. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración:
24'20'', espazo en disco: 42.478.068 bytes [40,5 Mb]). Realización: César Caramés. |
Poucos días antes de que ETA anunciara o
final da tregua
Vídeo
entrevista a José Elorrieta, secretario xeral de ELA Sindikatua
O vídeo que presentamos recolle
unha entrevista realizada o pasado 1 de xuño ao secretario xeral de ELA Sindikatua, José Elorrieta.
Un encontro no que explica os obxectivos estratéxicos da organización sindical e analiza a situación
sociolaboral e política de Heuskal Herria. A entrevista realizouse a poucos días de que ETA anunciara
o final da tregua. |
 |
 |
 |
| Folga Construción polo Convenio da provincia
de Pontevedra |
23/05/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'54'',
espazo en disco: 13.075.558 bytes [12,4 Mb]). Realización: César Caramés. |
Os traballadores do sector non enfrontaban unha
folga pola negociación colectiva desde hai 18 anos
Paro
masivo na Construción con concentracións en Vigo e Pontevedra
Este mércores 23 de maio tiña
lugar a primeira xornada de folga da Construción na provincia de Pontevedra, convocada pola CIG. Piquetes,
paros masivos en toda a provincia e concentracións en Vigo e Pontevedra nesta primeira demostración
de forza dos traballadores da Construción que desde hai 18 anos non enfrontaban unha folga pola negociación
colectiva. |
 |
 |
 |
| Correlingua 2007 en A Coruña |
15/05/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'00'',
espazo en disco: 7.885.732 bytes [7,51 Mb]). |
Catro mil rapaces e rapazas da cidade e das comarcas
limítrofes reivindican o idioma nesta carreira popular
O
Correlingua tomou as rúas de A Coruña
As expectativas non fallaron e o Correlingua
2007 foi todo un éxito en A Coruña. Baixo o lema “Galegando”, algo máis de 4.000 alumnos e
alumnas de máis de 30 centros educativos da cidade e de diversas comarcas galegas participaron o pasado
15 de maio nesta carreira popular, que xa vai pola sétima edición. |
 |
 |
 |
| Na defensa dos postos de traballo no Hotel Sarga
de Cabanas |
08/05/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 1'24'',
espazo en disco: 5.517.228 bytes [5,26 Mb]). |
Instan ao Concello a que elabore o PXOM para garantir
a continuidade do estabelecemento
Os
traballadores/as do Hotel Sarga de Cabanas bótanse á rúa en defensa dos seus postos
Os perto de corenta traballadores/as
do Hotel Sarga de Cabanas botáronse á rúa o 8 de maio en defensa dos seus postos. Amosan a
súa preocupación perante un posíbel peche do estabelecemento e instan ao Concello a que modifique
as normas subsidiarias da zona para asegurar a pervivencia do recinto hoteleiro. |
 |
 |
 |
| ITVs da provincia Pontevedra en folga |
04/05/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'19'',
espazo en disco: 9.677.259 bytes [9,22 Mb]). |
Continuarán en maio e xuño con paros
os sábados á tarde
Concentración fronte á Delegación de Industria en Pontevedra
nunha nova xornada de folga das ITV
Este venres partían ás
12 da mañá os traballadores en folga dos centros de traballo da ITV nunha marcha cara ás portas
da Delegación da Consellaría de Industria, xa que reclaman da responsábel do servizo da ITV
que non sexa só espectador neste conflito senón parte da solución. |
 |
 |
 |
| Urxencias extrahospitalarias contra a explotación
laboral |
03/05/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 1'51'',
espazo en disco: 8.891.672 bytes [8,47 Mb]). |
Manifestación posterior até a Delegación
Provincial
Concentración
das traballadoras e traballadores dos PAC do Sergas en Vigo
Este xoves tiña lugar unha concentración
desde ás 12 da mañá fronte ao Centro de Saúde de Rosalía de Castro dos traballadores
e traballadoras do PAC da área sanitaria de Vigo, servizos de urxencia de Primaria, para demandar que se
retome a Mesa de negociación pola mellora das súas condicións laborais e retributivas. |
 |
 |
 |
| Manifestacións
do 1º de Maio 2007 |
01/05/2007 |

Descarga o vídeo de Vigo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración:
6'22'', espazo en disco: 17.028.983 bytes [16,2 Mb]). Realización: Roi Ribeira. |
A manifestación de Vigo foi a máis
numerosa con 8.000 persoas
A
CIG mobiliza a máis de 12.000 persoas no 1º de Maio
Baixo os lemas “Contra os recortes das
prestacións sociais” e “Galiza Nación, Autodeterminación” percorreron as rúas de A
Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago, Ferrol, A Mariña e Ribeira máis de 12.000
persoas convocadas pola CIG, con motivo do 1º de Maio. A manifestación de Vigo foi a máis numerosa
do país, cunha participación que rondou as 8.000 persoas. |

Descarga
o vídeo de A Coruña. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv],
duración: 2'42'', espazo en disco: 10.689.534 bytes [10,1 Mb]). |

Descarga
o vídeo de Compostela. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración:
1'14'', espazo en disco: 3.093.208 bytes [2,94 Mb]). Realización: Roi Ribeira. |
 |
 |
 |
| Por unha carreira profesional xusta no Sergas
(III) |
26/04/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'42'',
espazo en disco: 9.764.326 bytes [9,31 Mb]). |
Máis de 4.500 traballadoras e traballadores
saíron ás rúas
Novo
éxito da folga xeral pola carreira profesional en toda Galiza
Este xoves tiña lugar unha nova
mobilización por unha carreira profesional non discriminatoria para os técnicos superiores sanitarios
e o persoal non sanitario. O obxectivo era acadar un maior número de traballadores/as que na folga xeral
do 29 e na manifestación de Compostela. Cumpriron o obxectivo con máis de 4.500 traballadores/as
esta vez. |
 |
 |
 |
| Por unha carreira profesional xusta no Sergas
(II) |
20/04/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'42'',
espazo en disco: 9.338.790 bytes [8,90 Mb]). |
En Vigo houbo manifestación e ocupación
da Delegación do Sergas
Mobilización e convocatoria de folga xeral o xoves 26 pola carreira
profesional xusta
Este venres volveron as mobilizacións
na sanidade pública pola carreira profesional, con paros de 12:00 a 18:00 horas e concentracións
e manifestacións en todo o país. O martes está convocada a Mesa Sectorial para abordar a negociación
e de non haber avances unha folga xeral para o día 26. |
 |
 |
 |
| Solucións para as auxiliares do carbón |
19/04/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'07'',
espazo en disco: 8.197.094 bytes [7,81 Mb]). |
Celebrarase unha asemblea para fixar un novo calendario
de mobilizacións
Os
traballadores das auxiliares da minaría do carbón levan a Compostela as súas demandas
Os traballadores das auxiliares do carbón
concentráronse na mañá do xoves día 19 de abril diante das dependencias da Xunta de
Galiza, en Santiago de Compostela, para demandar que se recoñeza o seu dereito a seren recolocados ou prexubilados
unha vez remate a actividade das minas. |
 |
 |
 |
| Por unha carreira profesional xusta no Sergas |
13/04/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'18'',
espazo en disco: 10.060.582 bytes [9,59 Mb]). |
En Vigo máis de 1.000 persoas saen ás
rúas
Novas
mobilizacións e folga pola carreira profesional
O 13 de abril estaba convocada unha
nova folga no Sergas e xornada de mobilización por unha carreira profesional digna para todo o persoal,
xa que na actualidade se está a negociar a carreira profesional, método de avaliación e incentivo
do traballo de técnicos superiores sanitarios, auxiliares de enfermería e todo o persoal non sanitario
(celadores, administrativos, pinches...). |
 |
 |
 |
| Brutal carga policial contra traballadoras/es
de Atento en A Coruña |
15/03/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'35'',
espazo en disco: 22.646.770 bytes [21,5 Mb]).

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 5'', espazo
en disco: 1.037.402 bytes [0,98 Mb]). |
A central nacionalista insta á Consellaría
de Traballo a que constitúa unha mesa de negociación coa empresa e mais os sindicatos
A
CIG denuncia a carga contra os traballadores/as de Atento e esixe a dimisión da subdelegada do Goberno
A CIG esixe a dimisión inmediata
da subdelegada do Goberno español, Obdulia Taboadela, como responsábel da carga policial do 15 de
marzo contra os traballadores/as de Atento, que se manifestaban en solidariedade cos 179 compañeiros/as
despedidos o día anterior pola empresa. |
 |
 |
 |
| Desaloxo do campamento de funcionarios no Obelisco
de A Coruña |
13/03/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'05'',
espazo en disco: 6.450.033 bytes [6,5 Mb]). |
Os traballadores/as non desisten e permanecerán
neste céntrico lugar até o 27 de maio
A
policía desaloxa pola forza a acampada dos funcionarios/as coruñeses no Obelisco
Pouco antes da unha da madrugada do
13 de marzo, efectivos da Unidade de Intervención Policial da policía española, acompañados
por axentes da policía local coruñesa, desaloxaron pola forza aos funcionarios/as municipais que
levaban desde a tarde do día anterior acampados no Obelisco. |
 |
 |
 |
| Manifestacións contra Bush en México |
13/03/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 9', espazo
en disco: 23.958.930 bytes [22,8 Mb]). |
A protesta foi convocada por organizacións
políticas, sociais e sindicais, entre as que estaba o Sindicato Mexicano de Electricistas
Manifestacións
contra Bush en México
Tanto en Mérida como en cidade
de México houbo o martes 13 mobilizacións contra a visita do presidente norteamericano George Bush.
Na capital de México manifestáronse varios miles de persoas que se dirixiron pola rúa Reforma
ate a Embaixada norteamericana, diante da que se concentraron durante varias horas. |
 |
 |
 |
| Ollanto Humala Tasso, presidente do Partido Nacionalista
Peruano |
11/03/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 17'26'',
espazo en disco: 46.136.030 bytes [43,9 Mb]). |
Presidente do Partido Nacionalista Peruano, acadou
nas pasadas eleicións en Perú seis millóns de votos, un 47%
Discurso
de Ollanto Humala no 11º Seminario organizado en México polo PT
Penduramos a intervención de
Ollanto Humala Tasso, presidente do Partido Nacionalista Peruano, feita no 11º Seminario organizado polo ‘Partido
del Trabajo’ de México, por entendérmonos que é de moito interese dado o pouco coñecemento
que existe na Galiza sobre a súa traxectoria e obxectivos políticos. |
 |
 |
 |
| Convenios e salarios dignos, sindicalismo galego |
10/03/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 11'06'',
espazo en disco: 25.041.671 bytes [23,8 Mb]). |
Mil persoas secundan en Ferrol a manifestación
da CIG no Día da Clase Obreira Galega
10
de Marzo: Amador e Daniel, a loita continúa
Mil persoas marcharon por Ferrol na
manifestación organizada pola CIG no Día da Clase Obreira Galega. Os actos comezaron no Inferniño
cunha ofrenda floral perante a estatua dedicada a Amador Rei e Daniel Niebla. A manifestación partiu deste
mesmo lugar e rematou no Cantón. |
 |
 |
 |
| Intervención de Dario Machado sobre propiedade
social en Cuba |
09/03/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 8'03'',
espazo en disco: 18.839.622 bytes [17,9 Mb]). |
A propiedade social como cultura na transición
socialista cubana
Intervención
de Dario Machado no Seminario de México
O profesor Dario Machado fixo unha corta,
porén importante intervención, no XI Seminario Internacional de México, organizado polo Partido
do Traballo, no que resumiu o seu relatorio sobre “A propiedade social como cultura na transición socialista
cubana”. |
 |
 |
 |
| Intervención de Hugo Moldis sobre escenarios
posíbeis en Bolivia |
09/03/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 12'54'',
espazo en disco: 32.810.624 bytes [31,2 Mb]). |
Intervención de Hugo Moldis no XI Seminario
Internacional organizado polo Partido do Traballo de México
Bolivia,
escenarios posíbeis
No Seminario Internacional de México,
organizado polo Partido do Traballo, estivo Hugo Moldis que fixo unha análise sobre os catro escenarios
posíbeis en Bolivia, nunha intervención de singular interese xa que Bolivia, despois de Cuba e Venezuela,
é o país onde as transformacións políticas e sociais son máis fortes en América
Latina. |
 |
 |
 |
| Análise de Virgilio Hernández da
viraxe á esquerda no Ecuador |
09/03/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 23'02'',
espazo en disco: 61.357.800 bytes [58,5 Mb]). |
Análise de Virgilio Hernández no
XI Seminario Internacional organizado polo Partido do Traballo de México
Ecuador,
viraxe a esquerda: Situación política e perspectivas
Virgilio Hernández fixo durante
o XI Seminario Internacional realizado na cidade de México os días 9, 10 e 11 de marzo, organizado
polo Partido do Traballo deste país, unha análise sobre a evolución da historia política
recente do Ecuador e cales son as perspectivas que se abren despois da eleición de Rafael Correa como presidente. |
 |
 |
 |
| Galiza en Venezuela |
28/02/2007 |

Descarga
o tráiler. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'22'',
espazo en disco: 28.574.836 bytes [27,2 Mb]). Realización: FESGA. |
Realizado por FESGA en colaboración coa
CIG
Presentado
o documental Galiza en Venezuela no Consello de Cultura Galega
Galiza en Venezuela, documental de Fesga
e colaboración da CIG, foi presentado o mércores 28 de febreiro na Fundación Torrente Ballester
de Santiago de Compostela polo coordinador do proxecto Manuel Mera. |
 |
 |
 |
| Pistoletazo de saída negociación
Convenios de Banca e Caixas |
15/02/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'48'',
espazo en disco: 10.172.724 bytes [9,70 Mb]). |
Coa Asemblea de delegados e delegadas do sector
financeiro
A
CIG dá o pistoletazo de saída para a negociación dos Convenios de Banca e Caixas de Aforros
O día 15 de febreiro tivo lugar
en Compostela unha Asemblea nacional de delegados e delegadas da CIG en Bancos e Caixas de Aforros co fin de debater
as respectivas Plataformas para presentar nas Mesas de negociación dos Convenios. |
 |
 |
 |
| Contra a privatización da xestión
dos servizos de emerxencias |
14/02/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'51'',
espazo en disco: 7.394.114 bytes [7,05 Mb]). |
Demandan un servizo público galego de prevención,
extinción de incendios e salvamento
Membros
dos servizos de emerxencias maniféstanse en Compostela contra a privatización da xestión
O mércores 15 de febreiro traballadoras
e traballadores dos servizos de emerxencias tomaron Compostela para manifestar a súa oposición á
Lei de Emerxencias de Galiza. Unha Lei que contempla a privatización da xestión e que, para os convocantes,
conculca un dereito fundamental: a seguridade. |
 |
 |
 |
| Pola mellora da saúde no sector da Pedra |
18/01/2007 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'52'',
espazo en disco: 14.702.532 bytes [14,0 Mb]). |
Despois dunha numerosa Asemblea de delegados e
delegadas
“Silicose,
solución xa!”, manifestación en O Porriño pola mellora da saúde no sector da Pedra
O 18 de xaneiro tiña lugar en
O Porriño unha Asemblea de delegados e delegadas que tratou da situación do sector da pedra e outros
temas de interese sindical e nacional como a Caixa de Resistencia da CIG e o abandono das mesas de diálogo
social. Despois unha manifestación de 500 persoas percorreu as rúas da cidade. |
 |
 |
 |
|