Os empresarios de sector acordaron constituírense
en asociación patronal
Suspéndese
a segunda xornada de folga nas instalacións deportivas coruñesas
O persoal das instalacións deportivas
da provincia de A Coruña decidiu en asemblea suspender a xornada de folga do 8 de marzo. Nunha mediación
do Consello Galego de Relacións Laborais, os empresarios do sector aceptaron constituírense como
asociación patronal, requisito indispensábel para poder negociar o convenio colectivo coa parte social. |
08/03/2008
Deportes
Provincia
A Coruña
Folga 5 e 8 de marzo
Desconvo-
cada |
Celebrou unha concentración diante da Consellaría
de Educación
A
CIG presenta un recurso de reposición pola súa exclusión dos Consellos Sociais das Universidades
Delegados e delegadas de CIG-Ensino
concentráronse na mañá de onte –mércores 5 de marzo–, diante da Consellaría
de Educación, para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres Universidades
galegas. Presentouse, no rexistro da Consellaría, un recurso de reposición para que se rectifique
esta decisión. |
05/03/2008
Recurso reposición
Compostela
11:30h
Concentra-
ción |
Serrabal segue de cerca a campaña electoral
De
mitin con Touriño
“Touriño prometiches e logo non
cumpriches” foi unha das consigas máis coreadas polo comité de recepción que agardaba ao presidente
da Xunta á súa chegada ao mitin do domingo 2 de marzo en Compostela. Eran os traballadores de Serrabal
e Ferroatlántica que desenvolven unha campaña paralela á electoral en demanda do cambio de
trazado do Tren de Alta Velocidade ao seu paso pola mina. |
02/03/2008
Serrabal e Ferroatlán-
tica
Mitin Touriño |
O cadro de persoal parará todos os mércores
en sinal de protesta
300
persoas esixen en Guitiriz a readmisión dos 30 despedidos en Ingemarga
Por volta de 300 persoas saíron
ás rúas de Guitiriz o pasado 1 de marzo para expresar o seu apoio e esixir a readmisión dos
30 despedidos da empresa Ingemarga. Ao mesmo tempo que se desenvolvía a marcha, os comercios da vila pecharon
en solidariedade cos empregados represaliados. |
01/03/2008
Ingemarga
Guitiriz
12:00h
Manifesta-
ción |
A CIG convoca unha concentración diante
do seu centro de traballo, a Estación de Servicio Bens
Despiden
un empregado por gozar do permiso de paternidade
A empresa Estación de Servicio
Bens SL despediu un traballador despois de que gozase do permiso de paternidade para exercer o dereito legal a
conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral. O caso xa foi posto en coñecemento da Inspección
de Traballo e tamén se denunciará no Xulgado do Social, onde se solicitará a nulidade do despedimento
por se tratar dun exemplo claro de discriminación. |
28/02/2008
Estación Servizo Bens
A Coruña
12:00h
Concentra-
ción |
A folga queda desconvocada
A
asemblea de traballadores de Cespa en A Coruña aproba un acordo coa empresa
Non haberá folga no servizo de
limpeza viaria e de recollida do lixo na cidade de A Coruña logo de que a asemblea de traballadores de Cespa
aprobase o preacordo que atinxiran a parte social e a empresa na última xuntanza da mesa de negociación
do novo convenio colectivo. |
03/03/2008
Cespa
A Coruña
00:00h
Desconvo-
cada Folga |
Atentado contra o dereito dos traballadores
Visto
para sentenza o xuízo da funcionaria acosada desde 1999 contra o alcalde de Dozón por prevaricación
As palabras de Ana Lois Navaza, a presentación
de probas periciais, sentenzas e testemuñas volveron ratificar o acoso laboral no Concello de Dozón.
A CIG reclama que se inhabilite ao alcalde e que se recoñeza o delito cometido por Adolfo Campos Panadero
por prevaricación, atentar contra o dereito dos traballadores, falta de medidas de seguridade no posto de
traballo, lesións e discriminación por ideoloxía. |
19/02/2008
Pontevedra
Xuízo contra o alcade de Dozón por prevarica-
ción |
Os traballadores repróchanlle a “Portos
de Galicia” que non asine un acordo salarial
O persoal da estiba de Ribadeo, Celeiro e Burela estará de folga até
o 2 de marzo
O persoal da estiba e desestiba dos
portos de Ribadeo, Celeiro e Burela está convocado a unha folga que se estenderá desde o 18 de febreiro
até o 2 de marzo. De non haber acordo neste período, os paros converteríanse en indefinidos
desde o día 10 do vindeiro mes. |
18/02/2008
Ribadeo, Celeiro e Burela
Folga estiba |
Estas dúas centrais asinan un acordo que
impide que os traballadores perciban as cantidades atrasadas de 2007
UGT
e CCOO venden os operadores de guindastres autopropulsados
UGT e CCOO asinaron coa patronal o 18
de febreiro un acordo sobre o primeiro Convenio Galego de Guindastres Autopropulsados que resulta lesivo para os
intereses dos traballadores do sector. As dúas centrais españolas avalaron coa súa rúbrica,
entre outros aspectos negativos, que os operadores de grúas non perciban os atrasos correspondentes ao ano
pasado. |
18/02/2008
Guindastres autopropul-
sados Galiza
Folga
Desconvo-
cada |
Contra os despedimentos
Concentración
por unha subrogación cos mesmos dereitos en Limpezas Cliner
Nova mobilización dos traballadores
e traballadoras de Limpezas Cliner, empresa que subrogou o seu servizo de limpeza nas oficinas do Banco Santander
a Limpezas Cíes, o que está a provocar despedimentos e recortes de xornada e dereitos laborais. |
15/02/2008
Limpezas Cliner
Vigo
Concentra-
ción |
Contra a represión sindical
Concentración pola readmisión do traballador despedido no Campo
de Golf de Domaio
Un numeroso grupo de delegados e delegadas
sindicais, afiliados e afiliadas, desprazábanse até o Campo de Golf Ría de Vigo, en Domaio
(Moaña) para mobilizarse na defensa dos dereitos sindicais e contra o despedimento dun traballador, ao que
botaron por presentarse como delegado sindical na candidatura da CIG. |
08/02/2008
Campo Golf
Domaio
Moaña
11:00h
Concentra-
ción |
Os operarios denuncian a perda constante de poder
adquisitivo
Paro
do 100% na primeira xornada da folga indefinida dos traballadores de Atefrisa
Os cerca de 75 operarios de Atefrisa
en Galiza secundaron ao 100% a primeira xornada de folga indefinida, que se desenvolveu o 7 de febreiro. Este día
concentráronse diante da central térmica de Meirama e da refinaría de A Coruña, onde
realizan traballos de califugado. |
07/02/2008
Atefrisa
A Coruña
Folga indefinida |
Existen discriminacións retributivas
Os
Inspectores de Pesca Marítima estarán de folga o 29 de xaneiro
A CIG-Administración do Estado
denuncia a falla de vontade da Administración do Estado para regular a situación laboral dos Inspectores
de Pesca Marítima, dependentes funcionalmente do Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación.
Estes traballadores estarán de folga o 29 de xaneiro. |
29/01/2008
Inspectores Pesca Marítima
Folga |
Concentración o martes 29 ás 12:00
horas no Polígono do Tambre, diante de Tragsa
Traballadores/as
de Tragsega mobilízanse para denunciar a política de contratación da empresa
A empresa pública Tragsega SA,
pertencente ao Grupo TRAGSA, prescinde de máis de 75 traballadores en Galiza (veterinarios e administrativos)
para efectuar as Campañas de Saneamento Gandeiro de 2008, incumprindo o RD 5/2006 e a Lei 43/2006 que obriga
a realizar contratos indefinidos con dous o máis encadeados cunha duración de 24 meses nun intervalo
de 30 meses. |
29/01/2008
Tragsega
Compostela
12:00h
Concentra-
ción |
“Defendemos o que é noso”
Máis
de 200 persoas maniféstanse cos traballadores de Marbar reclamando xustiza
Pasadas as once e media da mañá
os traballadores e traballadoras de Marbar deixaban pechadas as instalacións da nave industrial, que levan
toda a semana defendendo, con quendas noite e día, para comezar unha marcha de máis de cinco quilómetros
até o Concello de Tomiño. |
25/01/2008
Marbar
Tomiño
11:00h
Manifesta-
ción |
CIG, CCOO e UGT valoran moi positivamente o acordo
e desconvocan as mobilizacións
Recoñécese
a carreira profesional a todos os traballadores e traballadoras das contratas do Sergas
CIG, CCOO e UGT conseguiron, a media
noite do luns 21 de xaneiro, asinar un acordo segundo o que, “pola parte empresarial, faise recoñecemento
expreso do dereito do persoal pertencente ás distintas contratas do Sergas que teñen recoñecida
a equiparación salarial, á percepción económica do equivalente ao importe da chamada
carreira profesional”. |
23/01/2008
Contratas Sergas
Compostela
Sinatura acordo |
Concentración de delegados/as o mércores
16 de xaneiro, ás 11:30 horas diante da Consellaría
Convocatoria
unitaria para reclamar de Educación un novo proxecto de orde para a xornada única
O 27 de decembro CIG-Ensino, CCOO, UGT,
ANPE, STEG e CSIF, presentaban na Mesa Sectorial Docente non Universitaria un escrito para reclamar un novo proxecto
de orde sobre implantación da xornada única e demandar unha entrevista con carácter de urxencia.
Ante a falta de resposta da Consellaría acordaron, de forma unitaria, convocar unha concentración
de delegados/as. |
16/01/2008
Consellaría Educación
11:30h
Concentra-
ción |
Convocan unha concentración diante da oficina
o sábado 19 de xaneiro ás 13:00 horas
CIG-Correos
denuncia o mal funcionamento do servizo en Teo por falta de persoal de reparto
En xaneiro de 2005, Correos entregou,
aos traballadores de Correos de Teo, unha proposta de reforma baseada nun estudo feito no ano 2004, que estabelecía
a necesidade de aumentar o cadro de persoal de Correos en Teo en 3,5 persoas máis. Malia o tempo transcorrido
ese incremento non se efectivizou. |
16/01/2008
Oficina Correos
A Ramallosa
13:00h
Concentra-
ción |
Cun seguimento do 90%, empresas como Atento, Bosch
ou Eurocen estiveron practicamente pechadas
Telemárketing:
Unha folga con carácter galego
A folga convocada pola CIG e a CGT no
sector de Telemárketing tivo un seguimento de arredor do 90% nas grandes empresas de Galiza. Empresas como
Atento, Bosch ou Eurocen estiveron practicamente pechadas. No total do sector en Galiza a participación
situouse nun 80%, a maior de todo o Estado. |
21/12/2007
Telemárke-
ting Galiza
Folga |
Concentracións o día 12
Folga e mobilizacións para exixir melloras laborais na Atención
Primaria do Sergas
Os sindicatos CIG, UXT, CCOO, SATSE,
CSIF e CESM constituíron unha plataforma unitaria para consensuar as súas reivindicacións
no campo da Atención Primaria da sanidade pública galega. Desde esta rede anunciaron un calendario
de medidas de presión para esixir melloras laborais. |
21/12/2007
Sergas
Galiza
Folga |
Protagonizan tres concentracións ao longo
da semana
Funcionarios/as
diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra contra a perda de poder adquisitivo
A cidade de Pontevedra acolle ao longo
desta semana tres concentracións diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra dos funcionarios
e funcionarias da Administración xeral do Estado porque durante a actual lexislatura os salarios dos traballadores/as
públicos continúan a perder poder adquisitivo. |
21/12/2007
Admon xeral do Estado
Pontevedra
Concentra-
ción |
Polo Convenio Colectivo
Comeza
a folga en Unión Fenosa que afectará a toda Galiza e durará toda a fin de semana
As centrais sindicais CIG, CCOO e USO
convocaron desde este venres 16 de novembro ás 15:00 horas unha folga en Unión Fenosa que durará
toda a fin de semana para presionar á dirección da empresa e que se retomen as negociacións
do Convenio Colectivo, pendente desde finais de 2005. |
30/11/2007
Unión Fenosa
Folga
16 ao 18, 23 ao 25 e 30/11. |
Os mineiros conceden un mes para que frutifiquen
as propostas das empresas e de Industria e para beneficiarse do Plan Miner II
Aprazada
até o 19 de novembro a folga nas auxiliares de Meirama
Os mineiros das auxiliares de Meirama
decidiron en asemblea aprazar até o 19 de novembro a folga, que estaba previsto que comezase o 16 de outubro.
Os traballadores optaron por agardar un mes para comprobar se se materializan as propostas das empresas auxiliares
e a da Consellaría de Industria. |
19/11/2007
Auxiliares Meirama
Folga |
A negociación do Convenio segue paralizada
desde marzo pasado
O
persoal da Sanidade privada retomará as mobilizacións na provincia de A Coruña
Os representantes da CIG, CCOO e UGT
na Sanidade privada anunciaron a volta ás mobilizacións na provincia de A Coruña en protesta
polo bloqueo do Convenio colectivo. Os sindicatos denuncian que o 80% do persoal cobra menos de 800 euros ao mes. |
15/11/2007
Sanidade privada
A Coruña
Concentra-
cións 25 e 31/10; 8 e 15/11 |
Desconvocada a folga
Os
traballadores de Cespa conseguen a retirada das sancións ao Comité de Empresa
Despois dunha xuntanza celebrada na
Delegación de Traballo, e na que estaba presente o Comité de Cespa, a empresa e representantes da
Administración, acordaron distintas medidas para poñer fin ao conflito aberto nesta empresa de limpeza,
e conseguindo o obxectivo básico de que se lle retiraran as sancións ao Comité de Folga. |
08/11/2007
Cespa
Vigo
Folga indefinida
Desconvo-
cada |
Por un Convenio único de Canteiras, Áridos
e Graniteiras
CCOO
e CIG convocan folga indefinida no sector da Pedra desde o 24 de outubro
Despois dunha asemblea de traballadores
en O Porriño, os sindicatos CIG e CCOO decidiron convocar para o 24 de outubro unha folga nas canteiras,
nas empresas de áridos e graniteiras para conseguir un convenio único para este sector, que afecta
a máis de 5.000 traballadores na provincia de Pontevedra e que tería carácter indefinido. |
24/10/2007
Pedra provincia Pontevedra
Folga indefinida |
O cadro de persoal permanece unido e valora positivamente
o transcurso da folga
Os
operarios de PLOCOR-2 acusan a UTE de levar o conflito a unha calexa sen saída
O 18 de outubro foi a cuarta xornada
de folga indefinida na UTE PLOCOR-2, encargada da conservación e mantemento da autovía A-6, N-VI
e N-640. A CIG e os traballadores valoran positivamente o transcurso do paro. |
19/10/2007
UTE
Plocor 2
Folga indefinida |
Entrevista con Xosé Xoán Melón
Apoiado
por ampla maioría o Preacordo que pon fin á folga da Construción
O luns 15 de outubro tiñan lugar
asembleas nos locais da CIG para debater o Preacordo para un novo Convenio provincial da Construción en
Pontevedra, asinado na madrugada do 11 de outubro para desconvocar a folga que afecta aos 45.000 traballadores
do sector, ao conseguir un “Convenio histórico”, conquerindo moitas das súas demandas. |
16/10/2007
Provincia Pontevedra
Folga Construción
Preacordo |
A traballadora, que se atopa de baixa laboral,
fora agredida días atrás pola xefa
Unha
mobilización da CIG consegue que unha empregada do xeriátrico de Coirós cobre
Arredor de cincuenta persoas participaron
na concentración de repulsa á agresión sufrida por unha traballadora da residencia de anciáns
“Fonte do Santo” de Coirós. Os participantes no acto, organizado pola CIG o 6 de outubro, non abandonaron
o lugar até que os responsábeis do xeriátrico lle pagaron a nómina a esta empregada. |
06/10/2007
Xeriátrico
Coirós
12:00h
Concentra-
ción |
Sinalan problemas canto a profesorado, prazas de
comedores, libros de texto ou horarios
Educación
non está a resolver os diferentes problemas que se evidencian coa posta en marcha do curso escolar
A posta en marcha do curso escolar está
evidenciando diferentes problemas que a Consellaría de Educación non está a resolver. Entre
outros, CIG-Ensino sinala as deficiencias canto a profesorado, prazas de comedores, libros de texto ou problemas
canto a cadros de persoal e redución de horarios dos docentes. |
21/09/2007
Ensino
Galiza
Mantemen- to xornada matinal xuño e setrembro |
O presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña
actúa de mala fe e elude os seus compromisos co colectivo de damnificados
Os
afectados polas obras do Porto Exterior esixen o cesamento de Fernández Alonso
Os mariñeiros afectados polas
obras do Porto Exterior de A Coruña solicitan ao presidente da Xunta e á conselleira de Política
Territorial o cesamento inmediato de Macario Fernández-Alonso como presidente da Autoridade Portuaria coruñesa. |
19/09/2007
Afectados Porto Exterior
A Coruña |
Acordo na negociación do Convenio de Limpeza
de Hospitais
O
persoal das contratas equiparan as súas condicións económicas ás do persoal subalterno
do SERGAS
Tras dun longo período de mobilizacións
e de innumerábeis xuntanzas chegouse a un acordo para asinar o Convenio que afecta a traballadoras/es das
contratas de limpeza dos hospitais do SERGAS da provincia de Ourense, actualmente representadas por EUOLIMP e a
UTE FERPESA-EXTRACO. |
19/09/2007
CHOU Ourense
Negociación Convenio Limpeza Hospitais |
Setex Aparki readmite o traballador despedido
Desconvocada a folga no servizo municipal de guindastre de Vigo
O traballador do servizo municipal de
guindastre do Concello de Vigo que fora despedido pola concesionaria, Setex Aparki, foi readmitido pola empresa
logo dunha mediación na Inspección de Traballo que se estendeu durante catro horas. Por tanto, o
cadro de persoal desconvocou a folga que tiña previsto iniciarse a partir das 00:00 do 17 de setembro. |
17/09/2007
Vigo
00:00h
Xornada de folga do guidastre municiapal |
|
Cronoloxía
|
 |
Actos da CIG en Ferrol
Mil
persoas secundan a manifestación nacional do 10 de Marzo
Por volta de mil persoas participaron
en Ferrol na manifestación nacional que organizou a CIG no Día da Clase Obreira Galega. A denuncia
da carestía da vida, a reclamación do Marco Galego de Relacións Laborais e a defensa da soberanía
do país foron os eixes sobre os que xirou a marcha do 10 de Marzo. |
10/03/2008
Dia Clase Obreira Galega
Ferrol
19:30h
Manifesta-
ción |
Xosefa Baamonde, histórica da CIG-Ensino,
foi homenaxeada polo seu compromiso inquebrantábel coa educación en galego
A
CIG outorga o Premio do Día da Clase Obreira Galega aos traballadores da Construción
Os traballadores da Construción
da provincia de Pontevedra, protagonistas da principal mobilización desenvolvida en 2007, foron os galardoados
na segunda edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, que celebrou a CIG o 4 de marzo nunha
gala en Compostela á que asistiron 200 persoas, entre sindicalistas da central e representantes de organizacións
políticas, culturais e sociais do país. |
04/03/2008
Compostela
16:00h
Premio Día da Clase Obreira Galega |
Os preto de 2.000 traballadores/as corearon consignas
como “Este IPC, para Rajoy e ZP”
Delegados
e delegadas da CIG demandan nas rúas de Compostela “Salarios dignos contra a carestía da vida”
Baixo o lema “Salarios dignos contra
a carestía da vida” percorreron as rúas de Compostela preto de 2.000 delegados e delegadas da CIG
desde a Alameda até a Praza de Praterías, que se quedou pequena para acoller a todas e todos os asistentes.
Unha mobilización para chamar á clase traballadora galega a loitar, nos convenios colectivos, contra
a precariedade e por melloras salariais. |
21/02/2008
Compostela
11:00h
Manifesta-
ción |
Culmina así a campaña informativa
e de sensibilización comezada pola CIG hai meses
Concentración diante do Parlamento pola derrogación do decreto que
elimina o reparto do correo no rural de Galiza
Delegados/as de CIG-Correos concentráronse
na mañá do xoves 14 de febreiro diante do Parlamento de Galiza en demanda de que os grupos parlamentarios
insten ao goberno central para que se derrogue o RD 503/2007, que regula a prestación dos servizos postais,
polas graves repercusións que terá para os galegos e galegas que viven no rural. |
14/02/2008
Parlamento Galiza
11:30h
Concentra-
ción |
Este gabinete da CIG deu a coñecer dúas
novas guías de prevención de riscos no traballo
180
persoas asisten á Xornada de Presentación de Resultados de Saúde Laboral
180 persoas encheron o salón
de actos do Hotel Congreso de Compostela, onde na mañá do 11 de decembro se realizou a Xornada de
Presentación de Resultados da actividade que desenvolveu durante este ano o Gabinete de Saúde Laboral
da CIG. No acto déronse a coñecer dúas guías de prevención de riscos no traballo. |
11/12/2007
Compostela
10:00h
Xornada de formación |
Sindicalismo feminino
Comezan
os XII Encontros Sindicais da Muller en Vigo
Desde as nove da mañá,
mulleres participantes das centrais sindicais comezaban unhas xornadas de traballo que xa son habituais ano pos
ano na Comarca de Vigo. E é que daban comezo os XII Encontros Sindicais da Muller que este ano levaban por
título “Sindicalismo feminino, logros e retos”. |
23/11/2007
Vigo
09:00h
Encontros sindicais muller |
O martes 6 de novembro en Vigo ás 20:30
horas
Galiza
Sempre homenaxea a Fernando Hoyos, xesuita vigués morto en Guatemala en 1982
O Paraninfo do antigo Reitorado da Universidade
será o escenario do acto de homenaxe a Fernando Hoyos que, organizado pola Fundación Galiza Sempre,
terá lugar o martes 6 de novembro ás 20:30 horas e no que intervirán Santiago Domínguez,
Gustavo Luca de Tena e Enrique Corral. |
06/11/2007
Vigo
20:30h
Homenaxe a Fernando Hoyos |
O 23 e 24 de outubro en Compostela
A
Fundación Galiza Sempre organiza debates sobre o franquismo contemporáneo
Estas xornadas de debate organizadas
pola Fundación Galiza Sempre levan por título “O franquismo contemporáneo: memoria e secuelas”.
Abordaranse temas como a clandestinidade, a vida galega baixo a ditadura, a represión franquista nos anos
60 e 70 ou a herdanza política franquista. As conferencias terán lugar no Auditorio da Fundación
Caixa Galicia. |
23/10/2007
Compostela
17:15h
Debates franquismo |
A marcha sairá da Alameda compostelá
ás 12:30 horas do domingo 21 de outubro
A
CIG chama a participar na manifestación convocada en apoio aos veciños do Eixo
A Unión Comarcal da CIG de Compostela
chama a participar na manifestación convocada para o próximo domingo 21 de outubro en solidariedade
cos veciños da parroquia compostelá do Eixo. Os tres condenados terán que cumprir, se a presión
social non o remedia, sete anos de cárcere a partir do próximo 31 de outubro. |
21/10/2007
Compostela
12:30h
Manifesta-
ción apoio veciños
O Eixo |
Sairá ás 11:30 da Praza do Rei
A
CIG de Vigo apoia a manifestación deste domingo en bicicleta pola mobilidade sostíbel
Este domingo 30 de setembro, despois
de celebrarse a semana da mobilidade en toda Europa, a cidade de Vigo tomará o relevo na reivindicación
dunha mobilidade máis sostíbel e unha cidade máis humana con unha manifestación en
bicicleta, convocada pola Asociación de Amigos e Usuarios da Bicicleta ‘A Golpe de Pedal’, e apoiada pola
CIG. |
30/09/2007
Vigo
11:30h
Domingo en bicicleta |
Os funcionarios/as asistentes manifestaron o seu
rexeitamento ao plus dos altos cargos
Preto
de 500 delegados/as da CIG dos sectores de Administración pública concéntranse ante San Caetano
Arredor de 500 delegados/as da CIG déronse
cita diante da sede da Xunta de Galiza para manifestar o seu rexeitamento á disposición adicional
17ª, máis coñecida como “plus de altos cargos”, que permitirá aos funcionarios e funcionarias
ex altos cargos obter de por vida, un complemento de destino de 14.721 euros anuais. |
26/09/2007
Compostela
11:30h
Concentra-
ción contra plus altos cargos |
Celebrarase o 26 de setembro a partir das 11:15
horas no salón de actos da CIG-A Coruña
Xornada
de divulgación da Economía social
O salón de actos da CIG de A
Coruña acollerá o mércores 26 de setembro, a partir das 11:15 horas, unha xornada de divulgación
da Economía social na que se dará conta de diversas experiencias na materia. |
26/09/2007
A Coruña
11:15h
Xornada Economía social |
Expertos de todo o Estado compartiron experiencias
durante dous días no Pazo de Mariñán
Clausurado
o Encontro de Prevención de Riscos Laborais nos CEE's
Concluíron o Encontro e a Xornada
de Expertos en Prevención de Riscos Laborais nos Centros Especiais de Emprego (CEE's) que organizou o Gabinete
Técnico de Saúde Laboral da CIG no Pazo de Mariñán. Profesionais vidos de todo o Estado
español compartiron experiencias durante dous días. |
25/09/2007
A Coruña
10:00h
| |