DocumentosVolver a Organización Obreira (OO) e as loitas de 1972 en VigoVolver a Actualidade / Organización Obreira e as loitas de 1972 en Vigo
Vigo, 15 de outubro de 2001

Feitos históricos prévios a 1972
 

Manuel Mera-

cig.form-sindical@galizacig.com



1940Comeza a sua actividade a guerrilla galega contra Franco.
1941Primeiro número de A Nosa Terra no exílio.
Críase ASTANO.
1943Fundación de FENOSA.
1944Constitución do Consello de Galiza en Montevideo (Governo de Galiza no exílio).
1944Castelao publica o Sempre en Galiza.
1946Morte do guerrilleiro Manuel Ponte. Publícase o número 1 de El Guerrillero.
1947Otero Pedrayo emprega o galego nun acto público en homenaxe a Lamas Carvajal.
Folga en Astano e na Bazán, neste caso polo tema do aceite.
1950Fundación da editorial "Galaxia", que publicará libros en galego.
Daniel Castelao morre no exílio en Bos Aires.
1951Execución do guerrilleiro Benigno Andrade "Foucellas".
1954Morte do guerrileiro "Pancho" perto de Pontedeume.
1956Primeiro Congreso da Emigración Galega en Bos Aires.
1958Instalación da empresa 'Celulosas de Pontevedra'.
Nacimento en Madrid do grupo 'Brais Pinto'.
1959Primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en Bos Aires.
Fundación da Asociación Cultural 'O Galo' en Santiago de Compostela.
Primeiro número da revista 'Vieiros', editada pola emigración galega en México.
1960Conflito en Álvarez, tema muller, participaron vellos militantes da CNT.
1961Secuestro do 'Santa Maria, baixo a dire`cción de Pepe Velo á fronte dun comando galego-portugués.
1962Protesta dos labregos de Mazaricos contra a concentración parcelária.
1963Constitución do 'Consello da Mocidade'.
Nacimento de 'Ediciós do Castro'.
Fundación da Asociación Cultural 'O Facho', na Coruña.
1964Fundación da Unión do Povo Galego (UPG), na Ponte da Rocha en Compostela.
1965Fundación da Asociación Cultural de Vigo.
Morte do guerrilleiro "O Piloto", a mans da Garda Civil.
Fundación do Partido Socialista Galego (PSG).
1966Nacen as Comisións Obreiras de Galiza. Conflito dos aprendices na Bazán.
1967Morte do guerrilleiro "O Curuxas". Conflito na Pybse de Ferrol, despedimento de traballadoras, contan co apoio de Bazán. Teñen éxito.
1968Mobilizacións estudantis en Compostela. Xogos florais do idioma galego en Bos Aires.
Constitución do Partido Comunista de Galiza (PCG).
1969Conflito na empresa Álvarez.
1971Mobilizacións contra a cota empresarial agrária.
Criación do Instituto da Língua Galega (ILG).
 
Volver a Organización Obreira (OO) e as loitas de 1972 en VigoVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 15/10/2001