DocumentosVolver ao índice do documentoVolver a Actualidade


Vigo, 18 de decembro de 2001

Mocidade e inserción laboral
 

Secretaría Confederal de Formación Sindical e Migración-

cig.form-sindical@galizacig.com




A situación económica e do mundo do traballo

A capacidade que un país ten para xerar emprego ou manter taxas de plena ocupación reflicte, mellor que ningunha outra variábel, cal é o seu nivel económico e o estado de benestar. En Galiza a xeración de emprego, as taxas de ocupación, están moi lonxe de acadar os resultados desexados, necesarios para garantir uns ingresos básicos en todas as familias, a pobreza supera o 20% da poboación. O medre da economía, mesmo con valores superiores ao 3% anual, pode amosar polo tanto unha realidade deformada, se non se ten en conta que aumentou na última década un reparto máis desigual dos ingresos, e o desemprego mantense en porcentaxe moi elevada mesmo cun número de emigrantes superior aos 15.000. Pero vexamos algúns datos económicos e de emprego que nos permitan situarnos no contexto.

A nosa nación non gañou peso económico dentro do Estado español nas últimas décadas, tal como reflicten os últimos datos, malia que partíamos dunha situación moi precaria e contamos con importantes recursos en materia primas e enerxía.

En 1996 o PIB por habitante de Galiza a respecto da UE era do 63,84%, moi por detrás de Madrid (97,76), Baleares (113,28), Catalunya (93,99) ou o País Vasco (86,19%).

Agora ben, se comparamos a renda per cápita de Galiza con outras “rexións” e nacionalidades europeas, as diferenzas son aínda máis grandes. Vexamos:


Fonte, euroestat, Unión Europea, renda.

No cadro anterior os datos comparan a capacidade de merca en cada un dos países. O cadro amosa como Galiza practicamente no evolucionou nos 14 anos que van dende uns datos a outros.

Temos unha renda per cápita máis baixa que a media do EE, e moi por detrás das autonomías e nacionalidades máis avanzadas, así como un reparto máis desigual dos ingresos, o que da lugar a que máis do 50% das familias digan que teñen dificuldades para chegaren a final de mes e unha cifra semellante e outras tantas familias uns ingresos inferiores (en 1999) ás 55.000 pesetas por cada membro do fogar. Vexamos os seguintes cadros:

Intervalo ingresosPorcentaxe
fogares
CondiciónPorcentaxe
fogares
- 15.00000,9Con moita dificuldade16,4
De 15.001 a 35.00018,5Con dificuldade43,2
De 35.001 a 55.00032,3Con facilidade38,2
De 55.001 a 75.00022,7Con moita facilidade02,1
De 75.001 a 100.00012,3  
De 100.001 a 150.00008,6  
+ 151.00104,6  

Tanto os datos referentes aos ingresos dos fogares como a enquisa sobre o grao de facilidade ou dificuldade coa que chega a fin de mes cada fogar da unha cifra de aproximadamente un 50% das familias con problemas económicos ou que vive moi axustadamente en Galiza. O seguinte cadro aproxima moito a situación económica das familias en Galiza, aínda que non deixa unha división subxectiva. Así temos que un 19,40% das familias teñen uns ingresos, por persoa, inferiores ás 35.000 pesetas/mes, aos que podemos considerar pobres; un 55% teñen uns ingresos mensuais de entre 35.000 e 75.000 pesetas, aos que podemos considerar clase media baixa. En total un 74,4%, que estaría formado por parados, asalariados, pensionistas e autonómos con baixos ingresos. Un 20,9% sería clase media e outro 4,6% clase alta.

Segundo un informe de Cáritas, hai 151.000 familias e 575.450 persoas en situación de pobreza; un 19,5% das familias e un 21,8% da poboación galega. O mesmo estudo considera que o 5,9% da poboación está en situación de pobreza extrema, un 5,6% pobreza grave, un 3,4% pobreza moderada e outro 3% en situación de precariedade.

Sobre a orixe étnica das persoas en situación de pobreza extrema ou grave, un 94% son galegos ou persoas doutras nacionalidades e autonomías do EE, un 3,1% xitanos e outro 2,3% doutra orixe. Unha das causas principais da pobreza é o paro ou a precariedade laboral.

A evolución das variábeis relacionadas co emprego nos últimos 15 anos foi a seguinte:

 

Galiza

Estado español

 

1986

2000

%1986
2000

1986

2000

%1986
2000

poboación

2.784.054

2.724.544

97,86

38.586.591

39.852.651

103,28

activos

1.167.660

1.158.000

99,17

13.813.810

16.844.100

121,94

parados

155.800

171.400

110,01

2.932.960

2.370.400

80,82

ocupados

1.011.860

986.600

97,50

10.880.850

14.473.700

133,02

ocupados agro e pesca

431.540

177.100

41,04

1.757.020

927.200

52,77

ocupados industria

152.670

175.400

114,89

2.636.340

2.879.000

109,20

ocupados construción

65.760

116.600

177,31

831.290

1.591.800

191,49

ocupados servizos

360.570

517.400

143,50

5.638.090

9.014.000

159,88

asalariados

467.630

672.600

143,83

7.653.910

11.508.900

150,37

O cadro anterior reflicte, con toda crueza, como nunha xeira tan longa como son 14 anos Galiza perde folgos a respecto da economía do Estado español. Baixamos en porcentaxe, con respecto ao EE, en poboación, ocupados, asalariados, e mesmo a queda da poboación agraria é moito maior.

As migracións teñen hoxe en día un efecto importante sobre o emprego en Galiza, non só pola entrada de milleiros de inmigrantes (moitos deles retornados galegos e a sua familia), senón polos milleiros de paisanos que marchan fóra, moitos man de obra barata para a construción e a hostalaría, pero outros moitos persoas con estudos, moi cualificadas. A alta taxa de emigrantes se cadra sexa o dato que mellor reflicte os problemas que se derivan da falta de pulo da economía galega (produto da marxinación secular e da dependencia), as altas taxas de paro e inestabilidade laboral.

Movementos migratorios durante a década dos 90
 

Emigrantes

Inmigrantes

Saldo migratorio

 

Ao
resto
Estado

A
outros
países

Total

Do
resto
Estado

Doutros
estados

Total

Co
resto
Estado

Con
outros
estados

Total

1990

11.404

115

11.519

10.196

4.532

14.728

-1.208

4.417

3.209

1991

5.978

109

6.087

5.812

3.557

9.369

-166

3.448

3.282

1992

7.916

261

8.177

8.523

6.308

14.831

607

6.047

6.654

1993

8.136

101

8.237

9.246

5.155

14.401

1.110

5.054

6.164

1994

9.272

32

9.304

10.024

4.286

14.310

752

4.254

5.006

1995

10.410

13

10.423

10.011

4.354

14.365

-399

4.341

3.942

1996

8.110

3

8.113

6.434

3.204

9.638

-1.676

3.201

1.525

1997

11.653

3

11.656

9.515

5.908

15.423

-2.138

5.905

3.767

1998

14.169

3

14.172

10.595

6.850

17.445

-3.574

6.847

3.273

1999

15.880

1

15.881

10.742

8.506

19.248

-5.138

8.505

3.367

Fonte: IGE.

Os datos anteriores merecen unha explicación.

  • O número de galegos/as que marchan fóra do país vai en aumento, algo que podemos constatar na práctica cotiá. O dato de 1 galego emigrado fóra do Estado español (EE) en 1999 non se pode tomar en serio, algo falla nestas estatísticas.

  • Unha parte importante dos que inmigran desde o resto do EE a Galiza son galegos/as que retornan. Ou sexa, marcha xente nova e voltan traballadores pensionistas ou de idade avanzada.

  • Dos que inmigran do estranxeiro unha parte importante (mias dun 50% ate o ano 1999) eran galegos/as retornados.

  • O saldo positivo só é numérico, xa que se perden milleiros de mozos/as na súa idade mellor, tanto para anovar, como para producir, ou mesmo casar e ter fillos (un dos problemas que afronta a natalidade; o outro é o paro e a inestabilidade laboral), chegan persoas fóra da idade laboral ou coas que cómpre facer un esforzo de inserción. Sen esquecer o carácter social positivo do retorno dos emigrantes e da chegada de inmigrantes cualificados, ou non, que achegan a este país o seu esforzo.

Seguinte ...

 
Volver ao índice do documentoVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/12/2001