| Cando queremos analisar os problemas que a mocidade ten á hora de se inserir no mercado laboral, temos que, necesariamente, mergullarnos na situación xeral na que se atopa a economía e máis o emprego. Por iso, como exemplo, de pouco serve formar químicos se non hai demanda na actualidade, pero tamén nos debemos preguntar ¿cales son as perspectivas no futuro mediato? Ou sexa que, cando se fala da mocidade, da súa formación e inserción no mercado laboral, máis que en calquera outro grupo de idade, sempre nos temos que plantexar o presente e máis o futuro, especialmente no que a formación laboral ou profesional se refire. |