|
Actualidade / Artigo En Paraguai podemos derrotar á dereita neoliberal
Rocío Casco O vindeiro 20 de abril hai eleccións no Paraguai. As enquisas dan como forza máis votada ao conxunto de organizacións que apoian ao ex-bispo Fernando Lugo. O seu triunfo sería un golpe importante ao control que o imperialismo ten nesa parte de América Latina, e sumaría un país máis ao eixo alternativo, que ten como principais referencias a Cuba e Venezuela. Este vídeo é a intervención desta dirixente paraguaia no XII Seminario Internacional sobre “Os partidos políticos e a nova sociedade”, organizado en México polo Partido del Trabajo, entre o 13 e 15 de marzo de 2008. Rocío Casco é deputada do Movemento al Socialismo, e o seguinte é un resumo da súa traxectoria política e social. É educadora popular e desde moi moza participou en diversas agrupacións e organizacións sociais. Na súa mocidade formou parte da “Frente Estudiantil Secundario” (FES) que a finais do ano 1993 obtivo a aprobación da lei do “boleto estudiantil”. Tamén formou parte do “Movimiento por la Objeción de Conciencia” (MOC), sendo a primeira muller obxectora do país. Participou da creación da radio Rebelde FM, da cal foi directora, e formou parte activa das loitas polo recoñecemento das radios comunitarias por parte das autoridades estatais. Rocío é membro fundadora, xunto a Camilo Soares e outros compañeiros, da organización “Casa de la Juventud”, na cal desempeñou como Coordinadora do Programa de Educación desde 1999 até 2001. Tamén é membro fundador do Partido do “Movimiento al Socialismo” e nas eleccións municipais de 2006 foi electa Concelleira de Asunción, e preside a “Comisión de Inquietudes Ciudadanas y la Comisión Especial de Atención” Integral do caso Ykua Bolaños, ademais de integrar a “Comisión de Educación y Cultura”.
|
||||
| As opinións vertidas nos artigos de opinión, enviados polos nosos colaboradores ou tiradas doutros medios, non teñen porque ser necesariamente compartidas pola CIG. | ||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 11/03/2008 |
||||
|