|
Actualidade CIG-Comunicación-
O comité de empresa informa que o lixo continúa a amorearse na planta de Nostián, nomeadamente máis de 10.000 toneladas, desde que os traballadores renunciaron a realizar horas extraordinarias como medida de protesta para que dirección sente a negociar o Convenio Colectivo. O complexo atópase case ao límite de capacidade e apenas se recicla o 2% do lixo. Os representantes dos empregados, ademais, denuncian que grande parte dos residuos da planta están sendo trasladados a Sogama sen recibir nin a reciclaxe nin o tratamento axeitados. O comité presentará novas denuncias na Inspección de Traballo en relación coa coordinación de actividades empresariais na planta de Nostián, coa quenda de noite ou sobre os incumprimentos do Real Decreto 664/1997 sobre Axentes Biolóxicos. Segundo os representantes do persoal, Albada, ademais de incumprir a lexislación en materia de saúde laboral, atenta tamén contra o medio ambiente, posto que verte directamente ao mar. Os traballadores de Albada proseguirán coas concentracións en María Pita para lle reclamar ao Concello coruñés que force a empresa a iniciar a negociación. Calendario de mobilizacións - 4 de abril: - 5 de abril: - 6 de abril: - 8 de abril: - 10 de abril: - 12 de abril: |
|||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||
|
|
|||||||
|