|
Actualidade CIG-Comunicación-
Nesta ocasión, a hostilidade da emisora dos bispos manifestouse a través dunha denuncia presentada perante o Consello Xeral do Poder Xudicial contra a xuíza Ana López-Suevos Fraguela, quen está á fronte do Xulgado do Social número 2 da capital galega. Na devandita denuncia, o avogado da Cope ceibaba a súa animadversión e os seus prexuízos sobre o galego, cuestionando a validez dun xuízo e unha sentenza (que lle era desfavorábel) porque se produciran no idioma de país, algo que evidentemente non só entra dentro da lóxica máis normal senón que ten plenas garantías legais para que sexa así, até o punto de que a denuncia vén de ser arquivada polo CXPX. Así e todo, esta actuación da Cope, cuestionando a lexitimidade do galego nun ámbito como o xudicial (que se por algo salienta a nivel de usos lingüísticos, é pola escasa presenza da lingua galega), está a ter contestación desde diferentes sectores. Profesionais do Dereito e da Xustiza están a asinar un manifesto de apoio ao labor da xuíza denunciada. Así mesmo, diversas organizacións, entre elas a CIG e a Mesa, difundiron hai días cun comunicado de prensa censurando a actitude da Cope por esta cuestión. Igualmente o asunto tivo repercusión parlamentaria, a través dunha pregunta realizada polo grupo do BNG na Cámara galega. Dentro da contestación social á postura da Cope, está agora este chamamento feito polo MpDC e que está a ser secundado por diversos colectivos, organizacións e persoas a título individual, chamamento a mobilizarse e a concentrarse diante dos locais da Cope das sete cidades galegas para o mércores 23 de abril ás 20 horas.
|
||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2008 |
||||||||||
|