ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 8 de abril de 2008

O operario, que foi agredido polos axentes, será xulgado por “atentado contra a autoridade” e “desobediencia”
A policía detén un traballador ao termo dunha manifestación do persoal de Albada

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Asemblea de delegados/as en Ourense; clic para aumentar
Asemblea de delegados/as en Ourense; clic para aumentar
Manifestación dos traballadores de Albada celebrada o 8 de abril.
Recollida de sinaturas contra o Plus dos altos cargos; clic para aumentar
Ernesto López Rei (á esquerda), da FGAMT-CIG, e Xosé Manuel Vilariño, presidente do Comité de Albada e delegado da CIG, repróchanlles aos axentes a súa actuación.
Recollida de sinaturas contra o Plus dos altos cargos; clic para aumentar
Concentración ás portas da comisaría de Lonzas.
Recollida de sinaturas contra o Plus dos altos cargos; clic para aumentar
O traballador detido (no centro da imaxe cun cigarrillo na man) tras ser posto en liberdade.
 
Un traballador de Albada foi detido o 8 de abril pola policía española minutos antes do remate da manifestación que organizou ese día o comité de empresa polas rúas coruñesas para esixir a negociación do convenio. O empregado, que foi agredido polos axentes, será xulgado o 10 de abril por “atentado contra a autoridade” e “desobediencia”.

O operario, que é afiliado da CIG, permaneceu detido dúas horas e media na comisaría de Lonzas até que foi liberado con cargos. Nas dependencias policiais foi asistido por un avogado da central mentres no exterior se concentraron varias decenas de compañeiros para amosarlle a súa solidariedade e esixir a súa posta en liberdade.

O traballador acudiu a última hora do día ao Juan Canalejo para cursar un parte de lesións e posteriormente denunciou a agresión policial. O comité de empresa, presidido pola CIG, censura a actuación dos axentes, solidarízase co compañeiro e anuncia que estará presente no xuízo contra o traballador, que se celebrará o 10 de abril ás 11:20 horas, para manifestarlle o seu apoio incondicional.

A detención do operario produciuse pouco antes do remate da marcha, concretamente entre a Praza de Millán Astray e a Costa de Santo Agostiño. Varios axentes bateron no compañeiro, tirárono ao chan e mesmo golpearon a súa cabeza contra a carrozaría dun vehículo policial, segundo manifestaron testemuñas presenciais dos feitos.

O xuízo deste xoves contra o traballador obriga a suspender a concentración que o comité convocara para ese día en Santiago de Compostela, diante do Edificio Administrativo da Xunta, en San Caetano.

Conflito estancado

Pese a que o Consello Galego de Relacións Laborais ofreceu unha mediación, o conflito de Albada permanece estancado e segue en pé a convocatoria de folga indefinida a partir do 12 de abril. A empresa é remisa a negociar o novo convenio e o Concello de A Coruña fai caso omiso das esixencias dos traballadores para que interveña no conflito. O cadro de persoal ten os salarios conxelados e percibe pouco máis de 700 euros mensuais.

Os traballadores levan un mes protagonizando diversos actos de protesta. O pasado 8 de abril secundaron unha manifestación desde o Ventorrillo até a Praza de María Pita. O cadro de persoal volveu pedir a mediación do alcalde e denunciou novamente que, desde que comezou o conflito, o lixo segue a amorearse en Nostián. “Os veciños reciclan, Albada non!” e “A merda para Madrid e os cartos para aquí!” foron as consignas máis berradas polos empregados.

 
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta