ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 15 de abril de 2008

A empresa confirma que a redución do cadro de persoal superará os 74 postos que en novembro anunciou que suprimiría
O comité de MARTINSA-FADESA reitera a súa oposición ao desmantelamento e aos despedimentos

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


O comité de MARTINSA-FADESA expresa a súa máxima preocupación ante a situación crítica que atravesa a inmobiliaria, como así llo confirmaron representantes da empresa nunha reunión na Inspección de Traballo celebrada a semana pasada en A Coruña. MARTINSA-FADESA confirma que o número de despedimentos ha superar os 74 que anunciara no pasado mes de novembro.

O comité de MARTINSA-FADESA manifesta o seu total rexeitamento perante estes novos despedimentos e amosa a súa oposición rotunda ante o posíbel desmantelamento da sede en A Coruña. Os representantes dos traballadores así llo trasladarán á empresa na reunión que manterán a comezos do mes de maio, na que MARTINSA-FADESA presentará o novo plan de emprego.

O comité considera que en novembro non estaban xustificados os 74 despedimentos que anunciaba a empresa e, por tanto, as novas baixas que programa a inmobiliaria en A Coruña resultan inadmisíbeis para os traballadores.

O 21 de abril celebrarase unha asemblea do persoal de MARTINSA-FADESA en A Coruña, onde se analizará a situación e se debaterá a adopción das medidas oportunas. A asemblea realizarase a partir das 20:00 horas no salón de actos do Edificio Sindical. A gravidade da situación obriga o comité a manter a cautela e a non emitir máis valoracións até ese día.

Durante o ano pasado houbo na empresa 140 baixas en A Coruña, 38 traballadores foron trasladados a Madrid e 33 do departamento de Informática foron externalizados a outra compañía. Ademais, no que levamos de ano, 34 empregados perderon o seu posto en A Coruña. Polo tanto, desde que Martinsa adquiriu Fadesa, máis do 50% dos postos de traballo da inmobiliaria existentes en A Coruña se viron afectados.

 
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta