ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 18 de abril de 2008

Co peche de dous dos centros de traballo quedaron na rúa nove empregadas
Traballadoras de ‘O Tangueiro’ exixen a inmediata readmisión das despedidas

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Asemblea de delegados/as en Ourense; clic para aumentar
Asemblea de delegados/as en Ourense; clic para aumentar
Recollida de sinaturas contra o Plus dos altos cargos; clic para aumentar
Recollida de sinaturas contra o Plus dos altos cargos; clic para aumentar
 
As traballadoras da panadería Vázquez Carollo S.L. de panaderías O Tangueiro, iniciaron unha campaña de información e denuncia sobre o peche de dous centros de traballo desta empresa e os nove despedimentos que, en consecuencia, se produciron. Para dar a coñecer a súa situación, distribuíron entre as/os composteláns centos de panfletos o pasado mércores 16 de abril.

O pasado día 4 de abril, a empresa Vázquez Carollo (O Tangueiro) pechou os centros de traballo de Bautizados e da Rúa Nova de Abaixo, en Santiago de Compostela, e despediu a 9 traballadoras. Segundo afirma a empresa o peche é por motivos económicos alegando que son centros con moitos gastos e que teñen moi poucos ingresos. Porén, non son estes os motivos reais de pechar precisamente estes dous despachos de pan.

O motivo real é a nova política de axuste de gastos, que leva a empresa desde que cambiou de xetores. Prepararon as contas para pechar os centros no que están as persoas con máis antigüedade da empresa e fixérono pola espalda.

As traballadoras despedidas manifestan o seguinte

1. A empresa avísanos un día pola tarde que ao día seguinte xa non vaiamos traballar. Non tiveron nin a valentía nin a delicadeza de avisarnos con tempo para asumir que perdiamos o posto de traballo, que nalgúns casos era desde hai máis de 20 anos.

2. A empresa levaba tempo preparándoo en secreto xa que encargara unha auditoría "independente" para abalar os despedimentos e nin tan sequera avisara aos nosos representantes legais, a pesar de ter reunións regularmente con eles. Destapan todo agora dun día para outro.

3. Se realmente existira un problema económico con algún destes centros o lóxico tería sido falalo a tempo e tentar, entre todos, de buscarlle unha solución. Sempre estivemos abertas a falar dos problemas e a facer o necesario para solucionalos. O cal, xunto co anterior demostra que a empresa non tivo a menor intención de arranxar nada senón de desfacerse do persoal que para eles era máis "caro".

4. Ese é o pago que se nos dá a tantos e tantos anos deixados traballando para O Tangueiro e a cantidade de horas que temos traballado, domingos e festivos incluídos para que ao final se nos faga isto. Avisarnos cun día e pagarnos 20 días por ano traballado ata un máximo de 12 mensualidades.
Polo tanto imos defender os nosos postos de traballo igual que levábamos todos estes anos facéndoo desde o mostrador vendendo pan para o Tangueiro.
Queremos finalmente agradecer as imnumerábeis mostras de solidariedade e afecto dos nosos clientes de tantos anos nestes momentos difíciles para nós.

 

 
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta