S

ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 10 de abril de 2008

3 de 4 delegados
A CIG gaña as eleccións sindicais na construtora San José en Pontevedra

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 
 
O mércores 9 de abril tiveron lugar as eleccións sindicais no Colexio de Especialistas e non Cualificados da Construtora San José S.A. en Pontevedra, onde a CIG obtivo tres dos catro delegados en disputa.

O cuarto delegado foi para UGT, sindicato convocante das eleccións. CCOO, que tamén concorría neste proceso electoral, non obtivo representación, ao acadar tan só 4 votos.

Dun total de 55 votantes, 45 votaron pola CIG, 6 por UGT e 4 por CCOO.

No Colexio de Técnicos e Administrativos, onde correspondía elixir 1 delegado, non houbo ningunha candidatura.

Apoio ao traballo sindical da CIG

Con este resultado, Xaquín Agulla, secretario comarcal da CIG Construción en Pontevedra, avalia que “os traballadores de San José veñen a referendar o traballo desenrolado pola CIG o ano pasado e que culminou nun positivo Convenio Colectivo no sector da Construción na provincia de Pontevedra, logo de dúas convocatorias de folga auspiciadas polo noso sindicato, e despois de moitos anos de meras revisións salariais de trámite e baixas asinadas por parte de UGT e CCOO nos mellores anos de bonanza económica”.

Con este resultado a CIG Construción afiánzase como a primeira forza sindical no sector na comarca de Pontevedra.

 

 

 
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta