ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 6 de marzo de 2008

Celebrou unha concentración diante da Consellaría de Educación
A CIG presenta un recurso de reposición pola súa exclusión dos Consellos Sociais das Universidades

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Non á exclusión da CIG nos Consellos Sociais da Universidade; clic para aumentar
Delegados e delegadas de CIG-Ensino concentráronse diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres Universidades galegas. (Fotos: ©galizacig.com 05/03/2008).
Non á exclusión da CIG nos Consellos Sociais da Universidade; clic para aumentar
Non á exclusión da CIG nos Consellos Sociais da Universidade; clic para aumentar
Non á exclusión da CIG nos Consellos Sociais da Universidade; clic para aumentar
Na súa intervención ao remate da concentración, Suso Seixo lembrou que a CIG, ademais de estar recoñecida a nivel estatal como central sindical máis representativa é segunda forza en Galiza.
 
Delegados e delegadas de CIG-Ensino concentráronse na mañá de onte –mércores 5 de marzo–, ás 11:30 horas, diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres Universidades galegas. No decurso da mesma presentouse, no rexistro da Consellaría, un recurso de reposición para que se rectifique esta decisión. De non atenderse por esta vía, a CIG anuncia a súa disposición a presentar un recurso contencioso-admnistrativo.

A Consellaría de Educación decidiu excluír á CIG e deixala sen representación nos Consellos Sociais das Universidades galegas. Unha decisión que desde a Administración foi xustificada amparándose na aplicación do regulamento polo que se rexen estes organismos, e que puntualiza que son as dúas centrais máis representativas de ámbito galego as que teñen dereito a participar, sen ter en conta os resultados actualizados das eleccións sindicais.

Por iso, na súa intervención ao remate da concentración, o secretario xeral da CIG lembrou que a CIG, ademais de estar recoñecida a nivel estatal como central sindical máis representativa é segunda forza en Galiza, tal e como se recolle nos resultados oficiais do último proceso de eleccións sindicais, rematado a 31 de decembro de 2007.

Alén diso, Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, subliñou que a CIG é maioritaria nas universidades galegas, tanto no colectivo de PAS como de profesorado, e no ensino público en Galiza.

Por iso ambos coincidiron en denunciar esta decisión como “antidemocrática” e anunciaron que de non atenderse o recurso de reposición iniciarase a vía contencioso-administrativa.

Adxuntamos o recurso de reposición, onde se recolle o desenvolvemento de todo o proceso.

(Ver vídeo realizado por
CIG-Ensino
).

 
Descarga en .pdf
 
pdfRecurso de reposición exclusión CIG dos Consellos Sociais Universidades
 
 
Informacións relacionadas
05/03/2008 Concentración, ás 11:30 diante da Consellaría de Educación
A CIG presenta un recurso de reposición pola exclusión da central dos Consellos Sociais das Universidades
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta