|
Actualidade CIG-Comunicación-
A CIG-Transporte, ademais, repróchalles a UGT e CCOO que asinasen este acordo sen que antes o referendasen os traballadores en asemblea. Máis unha vez, as dúas centrais españolas evidencian o sindicalismo que practican, baseado nun modelo de cúpulas e vertical que desposúe os empregados da súa capacidade decisoria. UGT e CCOO limitáronse no acto de mediación do 18 de febreiro, celebrado na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, a validar punto por punto a última proposta que presentaran os empresarios na mesa de negociación. Por tanto e ante a imposibilidade de seguir adiante coa convocatoria de folga, xa que esta sería ilegal pois o convenio xa está asinado, a CIG-Transporte retira o calendario de paros, que incluía xornadas de folga os días 25 de febreiro e 3,7,10 e 14 de marzo. A CIG-Transporte considera que este acordo non servirá en absoluto para frear a conflitividade social no sector. |
||||||
Informacións relacionadas
|
||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 19/02/2008 |
||||||
|