|
Actualidade / Artigo Medio século de liberdade Manuel Mera-
O primeiro dos estados, ao sul do Sahara, en acadar a liberdade foi Gana, en marzo de 1957. Durante os últimos anos da Colonia, concretamente desde 1952, este país xa tiña un Primeiro Ministro nacionalista, Kwane Nkrumah, por mor de que a súa organización partidaria, o Partido da Convención do Povo, fundado en 1949, conseguiu unha sólida implantación tanto urban como rural. Neste período previo á independencia déuselle pulo ao ensino, ás infraestruturas, así como á participación da maioría negra, polo que moitas colonias africanas ollaron en Gana e Nkrumah unha referencia. No discurso de asunción como Primeiro Ministro definiuse como socialista, marxista e cristián, o que non causou ningunha simpatía nos británicos, aínda potencia ocupante.
Nkrumah foi deposto no ano 1966 por un golpe militar pro británico, exiliouse en Romanía e morreu en Bucarest no ano 1972. Posteriormente sería reivindicado no seu país como unha gran figura patria, porén sen que os que gababan a súa laboura recolleran seus ideais de liberdade plena, xustiza social, e participación. África negra, esa gran descoñecida, mesmo pouco ou nada valorada polo resto do mundo, está conformada por nacións moi diversas, algunhas ate fai ven pouco en estado tribal, porén outras construíron estados extensos e imperios que comerciaban en ouro e foron centro de cultura (como Tombouctou). Todas desenvolveron a artesanía e a cultura propia. Estas nacionalidades habitan un continente con moitas riquezas, especialmente minerais, que son espoliadas polas grandes potencias, mesmo a costa de guerras con custes en vidas humans inmensos. E mentres se fala de solidariedade e dánselle esmolas cunha man, coa outra chuchásenlle enormes riquezas, recreando deste xeito o atraso e a dependencia. Por iso ten moita relevancia o que fixeron e dixeron figuras senlleiras, xurdidas da realidade africana e da arela de liberdade, como NKrumah, Lumumba, Samora Machel, Amílcar Cabral ou Sankara. |
|||||||||||
|
|||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 29/02/2008 |
|||||||||||
|