ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 7 de febreiro de 2008

Mobilización o venres 8 de febreiro
Concentración contra o despedimento e a persecución sindical dun traballador do Campo de Golf de Domaio

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Campo de Golf de Domaio; clic para aumentar
A Federación de Servizos da CIG denuncia a persecución sindical que se está a sufrir nas instalacións do Campo de Golf de Domaio, xa que ante a presentación da candidatura da CIG un venres, o traballador recibiu a carta de despedimento ao luns seguinte.
 
A mobilización pola readmisión dun traballador despedido por formar parte dunha candidatura da CIG no proceso de eleccións sindicais terá lugar o venres 8 de febreiro ás 11 da mañá na porta principal do Campo de Golf de Domaio (Moaña).

A concentración, para a que se mobilizarán delegados e delegadas da CIG da Comarca de Vigo, ven motivada polo despedimento dun traballador, que despois de 14 anos na empresa, realizando servizo de mantemento e xardinaría, é despedido e perseguido despois de gañar as eleccións sindicais en representación da central sindical nacionalista CIG.


Acción sindical

A Federación de Servizos da CIG denuncia a persecución sindical que se está a sufrir nestas instalacións, xa que ante a presentación da candidatura da CIG un venres, o traballador recibiu a carta de despedimento ao luns seguinte, 26 de novembro de 2007. Desde esa data tentouse procurar unha saída negociada á situación, que en todo caso tiña que pasar pola readmisión do traballador, pero que non conseguiu nada, polo que a acción sindical e a mobilización se volve totalmente necesaria.

O traballador reclama a súa readmisión, polo que foi presentada diante do Xulgado do Social unha demanda por despedimento improcedente.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta