|
Actualidade CIG-Comunicación-
Os guindastres autopropulsados son empregados na construción das principais infraestruturas do país como o porto exterior de A Coruña e nas obras dos diferentes trazados do AVE. Os operadores deste tipo de grúas tamén prestan servizo en empresas importantes como a Refinaría de Repsol, nas centrais térmicas de Meirama e As Pontes ou Alcoa. A patronal pretende conxelar os salarios durante os próximos catro anos e aboalos principalmente a través de suplementos, que non percibirían os traballadores nin nas pagas extraordinarias nin cando estean de vacacións. As dietas ofrecidas polos empresarios son escasas e ademais propoñen contratos multiobra para os operadores de grúas, aspecto rexeitado pola CIG. O sindicato nacionalista demanda que os traballadores perciban o 100% do salario en caso de incapacidade temporal, mentres que a patronal só ofrece o 75%. A CIG convocou estas xornadas de folga despois de ouvir o sentir maioritario favorábel dos traballadores nas diferentes asembleas que se celebraron en todo o país. |
|||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 13/02/2008 |
|||||||
|