Actualidade / Opinión Volver


Vigo, 17 de decembro de 2007

Vivenda e mocidade
 

Pilar Rodríguez Pérez-

CIG-Mocidade


  Edificio en construción; clic para aumentar
A inestabilidade laboral é outro dos problemas principais ao acceso a vivenda na mocidade. Hai unha elevada taxa de paro que ascende a un 10% e o traballo das persoas asalariadas menores de 35 caracterízase pola precariedade, altos índices de temporalidade, baixos salarios, gran número de contratos ao longo dun ano. Esta inseguridade dificulta o acceso a unha vivenda libre. (Foto: ©galizacig.com).
 
A emancipación dos mozos e mozas galegas vai en descenso. No segundo trimestre deste ano a taxa de emancipación sitúase nun 33,8% entre persoas de 18 e 34 anos, situandose máis dun 10% por debaixo da media española.

A dereita ven xustificando dende vai tempo este retraso na emancipación da mocidade pola comodidade da xente nova a quedarse na casa, unha xustificación, que claro está, ven dada para non facer políticas de fomento de vivenda en alugueiro ou de protección oficial, que seica non é demasiado rendíbel economicamente, e cada quen aquí defende os seus intereses, que por suposto non son os da clase traballadora.

Polo tanto a falta de interese en realizar políticas efectivas a nivel de vivenda están retrasando esta emancipación que non se produce sustancialmente ate que entramos na década dos 30 anos. Esta situación é moi preocupante, e compre unha análise fonda desta situación e propostas reais que solucionen este problema dunha vez por todas e fuxir das políticas de subvencións que non resolven o fondo da cuestión.

Unha das causas que retrasan a emancipación e a cantidade de poboación estudante en estas idades que ascende a un 25% en total, e que entre os 18-24 anos ascende a case un 47,4%.

A inestabilidade laboral é outro dos problemas principais ao acceso a vivenda na mocidade. Hai unha elevada taxa de paro que ascende a un 10% e o traballo das persoas asalariadas menores de 35 caracterízase pola precariedade, altos índices de temporalidade, baixos salarios, gran número de contratos ao longo dun ano. Esta inseguridade dificulta o acceso a unha vivenda libre.

O salario medio anual non chega aos 14.000€ e estímase que unha persoa nova debería cobrar un 95% máis para poder mercar unha vivenda.

As diferentes reformas laborais non fixeron máis que precarizar, aínda máis o mercado laboral e, xunto cos pactos de contención salarial promovidos dende vai anos polos distintos governos (PSOE, PP), CEOE e CCOO e UGT, son os grandes culpábeis desta imposibilidade de mercar unha vivenda se non é cun grande endebedamento. Compre dicer que isto non só inflúe na merca de vivenda senón tamén na bolsa da compra, incluso de produtos básicos que aumentaron significativamente o seu prezo.

O acceso ao aluguer é tamén dificultoso debido aos altos prezos, fenómeno que se acentúa nas grandes cidades, onde proprietarios e inmobiliarias se lucran coas necesidades de procura de vivenda en réxime de aluguer. Ao mesmo tempo, surprende o número de vivendas desocupadas en Galiza, que é moi grande, e que non haxa ningún tipo de política que promova o alugueiro destas vivendas desocupadas. Polo tanto a nova proposta que ven de sacar o Governo estatal, sen ter en conta a renda, non é máis que a subvención de quenes se lucran deste mercado.

É importante que as políticas de vivenda formenten o aluguer de protección oficial, mediante bolsas de alugueiro que controlen prezos excesivos e facilidades para acceder á vivenda a persoas con rendas máis baixas. Tamén o fomento de Vivenda Oficial Protexida e as Cooperativas de Vivenda no caso da compra. Realizar polo tanto medidas sociais de acceso á vivenda. Neste senso hai que valorar as iniciativas que a Consellaría de Vivenda está levando a cabo.

Mais estas medidas deben ir da man de melloras laborais, de contratación indefinida, maior seguridade laboral e aumento de salarios que son determinantes para o acceso a unha vivenda digna. De outro xeito a emancipación da mocidade seguirá a ser unha Utopía.

Pilar Rodríguez Pérez, enfermeira en precario.

 
 
  Pilar Rodríguez Pérez,
membro de CIG-Mocidade.

(
Máis artigos...)
  Pilar Rodríguez Pérez
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta