Actualidade / ArtigoVolver


Vigo, 8 de decembro de 2007 (Publicado en Diario de Ferrol o 06/12/2007)

Relacións internacionais
 

Manuel Mera-

fs@galizacig.net


  Marcha contra a ditadura de Videla en Bos Aires; clic para aumentar
A sangue chegou ao río, de xeito, que unha declaración do presidente da Federación de Asociacións Galegas na Arxentina, Francisco Lores (á esquerda na foto), na que lle daba a razón a Chávez no conflito, orixinou axiña todo tipo de presións e descalificacións, tanto dalgúns meios de comunicación e institucións en Galiza, como de varias entidades de emigrantes na Arxentina, próximas ás teses oficiais. (Foto: ©galizacig.com).
 
O rife-rafe dialéctico no Cumio Iberoamericano de Santiago de Chile entre o rei de España e máis Hugo Chávez aínda sigue dando que falar, con apreciacións moi distintas segundo sexa América Latina ou Europa. Alén mar ponse énfase no contido, na defensa que fai o presidente venezolano dos intereses populares e dun camiño propio pra os países do continente. Chávez falou pra millóns de desposuídos. En Europa destácanse as formas, mentres que se coloca ao xefe do Estado español por riba de toda critica e sen limite de mandato, case que nunha situación divina. Esquécese que os dereitos democráticos mínimos xorden coa forma republicana de governo e a Revolución francesa. A democracia semella eivada, en quen se quere amosar como exemplo.

A sangue chegou ao río, de xeito, que unha declaración do presidente da Federación de Asociacións Galegas na Arxentina, Francisco Lores, na que lle daba a razón a Chávez no conflito, orixinou axiña todo tipo de presións e descalificacións, tanto dalgúns meios de comunicación e institucións en Galiza, como de varias entidades de emigrantes na Arxentina, próximas ás teses oficiais. A precipitación, a falta de comprensión da realidade de América Latina, mesmo confundindo relacións internacionais cos intereses das grandes empresas, non é a estratexia acaída, e sobre todo semella un erro grave cando os emigrantes toman partido en contra da maioría social dos países nos que viven. Que pensariamos e fariamos se iso acontecese eiqui?...

As relacións con todos os países teñen que se establecer sobre modos e contidos xustos, non só por solidariedade, senón ademais porque o modelo que se lles impón aos máis débiles aumentou gravemente nas últimas décadas a concentración e centralización da riqueza. E o rexurdir xermola coa rebeldía, e esta nace da pobreza e discriminación.

 
 
  Manuel Mera,
secretario confederal de Formación Sindical e
Comunicación da CIG.
(Máis artigos...)
  Manuel Mera
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta