Actualidade / ArtigoVolver


Vigo, 6 de decembro de 2007 (Publicado en La Región o 05/12/2007)

Construír o futuro e base histórica
 

Manuel Mera-

fs@galizacig.net


  “Historia do Século XV na Galiza” de Benito Vicetto; clic para aumentar
Non é secundario que a Galiza histórica, aquela que malia séculos de separación política administrativa segue tendo moito en común (tanto en cultura como en lingua) formara moi primitivamente entes políticos propios e que, posteriormente á ruptura da unidade, o Reino de Galiza mantivérase como unha realidade administrativa e diferencial ate 1833. (Ilustración: Capa do libro “Historia do Século XV na Galiza” de Benito Vicetto).
 
Sen dúbida a etapa que vai do Reino Suevo ate a Castración e Doma do Reino de Galiza, polos Reis Católicos, é fundamental na conformación da nosa identidade nacional. Porén, aínda que sexa unha tremenda contradición, este é un período moi descoñecido pola maioría da xente, e asemade foi e segue sendo unha etapa con análises nesgadas e mesmo terxiversadas, moi alimentadas e apoiadas polos intereses de poder dominantes. Así, por exemplo, do Reino Suevo non se salientan feitos tan importantes como a organización do territorio e, en troque, dáselle gran valor a súa pronta desaparición baixo a conquista visigoda, mesmo que o primeiro durara máis tempo que o segundo e existan evidencias de que se mantivo como un Reino con feitío propio; ou non se lle dá valor a que, durante varios períodos, conseguíramos un Reino independente e noutros -moito máis extensos- fóramos o celme do Reino de Galiza e León.

Non é secundario que a Galiza histórica, aquela que malia séculos de separación política administrativa segue tendo moito en común (tanto en cultura como en lingua) formara moi primitivamente entes políticos propios e que, posteriormente á ruptura da unidade, o Reino de Galiza mantivérase como unha realidade administrativa e diferencial ate 1833. Son feitos que amosan unha vontade de soberanía, ademais da existencia desde moi antigo de lazos identitarios comúns. Estas realidades quérense negar ou agochar co evidente obxectivo político de restar fortaleza a calquera reivindicación de autodeterminación, e especialmente evitar recrear ideas deste tipo e de identidade no imaxinario colectivo. Son conceicións erróneas que mesmo inciden nalgúns sectores do nacionalismo. Daquela que o tema histórico non sexa secundario, e que tanto o PSOE dun xeito silandeiro, como o PP abertamente, queiran coutar e controlar a súa divulgación, fundamentalmente no ensino. Compre coñecer o pasado pra construír o futuro.

  “O Reino medieval de Galicia” de Anselmo López Carreira; clic para aumentar
Sería inxusto non recoñecer que hai historiadores –como os da Asociación Galega de Historiadores– que realizan unha importante laboura de recuperación, desde o rigor, da nosa historia nacional (por que a maioría da Universidade fica á marxe?). Entre eles compre destacar a un que está moi ligado á cidade de Ourense, refírome a Anselmo López Carreira. (Ilustración: Capa do libro “O Reino medieval de Galicia” de Anselmo López Carreira).
 
Pra facer esta releitura tan interesada, partidista e que recrea a dependencia (fundamentándoa historicamente), fai falla desmerecer a persoeiros que tanto contribuíron ao renacer do país como Vicetto e Murguía, descoñecer a González López, elevar a un romanticismo fantasioso a gran parte dos precursores, e mesmo negar os modernos estudos xenéticos. Agora ben, sería inxusto non recoñecer que hai historiadores –como os da Asociación Galega de Historiadores– que realizan unha importante laboura de recuperación, desde o rigor, da nosa historia nacional (por que a maioría da Universidade fica á marxe?). Entre eles compre destacar a un que está moi ligado á cidade de Ourense, refírome a Anselmo López Carreira que leva publicados varios libros esenciais sobre a Idade Media (O Reino Medieval de Galicia; A Cidade Medieval Galega; Martiño de Dumio; A Revolución Irmandiña; Padróns de Ourense do Século XV; etc), neles ademais de nos achegar a ese período argumenta arreo, con dados, sobre a terxiversación pola oficialidade de moitos feitos.

A recuperación da nosa historia é básica, aínda que as veces os libros resulten máis pesados de ler cando conteñen tanta explicación historiográfica, porén neste caso, e pra nosa realidade, semella necesario facelo pra poder seguir construíndo sobre alicerces sólidos e desbotando as ideas trabucadas. Mais, de ren vale clarificar e argumentar se ao mesmo tempo non se procura a hexemonía social, e pra elo é esencial divulgar con textos precisos, concisos, destacar e ilustrar. O galeguismo desde os Precursores soubo facer ben esta tarefa (moitos dos conceitos históricos que eles espallaron teñen na actualidade forza na maioría da xente)... é verdade que se fixo nun período no que os meios de comunicación non tiñan o papel abafante da actualidade e non estaban tan concentrados. Aínda así é un obxectivo realizábel, pra que a xente que vive neste país poda decidir tamén desde a liberdade histórica, cada vez que opta por unha alternativa.

 
 
  Manuel Mera,
secretario confederal de Formación Sindical e
Comunicación da CIG.
(Máis artigos...)
  Manuel Mera
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta