Actualidade / EntrevistaVolver a Actualidade


A Coruña, 19 de decembro de 2007

Jose Elorrieta, secretario xeral de ELA
“Os xuíces teñen que volver aos seus `cuarteis´ e deixar o debate político a quen lle corresponde”

 

Antón Álvarez Sanz (CIG)-

antonalvarez@galizacig.net


  Jose Elorrieta, secretario xeral de ELA; clic para aumentar
Jose Elorrieta, secretario xeral de ELA. (Fotos: ©galizacig.com).
Jose Elorrieta e Suso Seixo; clic para aumentar
Elorrieta acompañado de Suso Seixo, secretario
xeral da CIG.
Conferencia sobre a situación política en Esukal Herria; clic para aumentar
Conferencia sobre a situación política en Esukal Herria; clic para aumentar
Aspecto da conferencia que impartiu Elorrieta ante diversos cadros da CIG.
 
Asegura que o sindicalismo reivindicativo que representa ELA amola o Goberno vasco, co que mantén unha “crise enorme” debido ás últimas políticas neoliberais que emprendeu. Jose Elorrieta, secretario xeral de ELA, estivo recentemente en Galiza participando nunha xornada de formación da CIG, na que disertou acerca da situación socio-política en Euskal Herria.


Antón Álvarez:
ELA, ano tras ano, consolídase como o sindicato máis representativo (40% de delegados) da Comunidade Autónoma Vasca (CAV). Cales cre que son os motivos polos que os traballadores e traballadoras vascas apostan pola súa central?

J. Elorrieta: Hai varios factores. Un deles, de importancia relativa, é o histórico. A segunda razón, máis importante, é o tipo de sindicalismo que facemos, que é reivindicativo, de contrapoder, baseado na acción sindical. Do noso punto de vista, nunha situación laboral moi deteriorada, este perfil sindical é un plus para nós. O noso é un modelo contrario ao sindicalismo de concertación, que tamén denominamos de acompañamento, cuxa “aportación” principal é o chamado diálogo social, isto é, estar sistematicamente chegando a acordos co Goberno e cos empresarios. Hai outra clave no noso sindicato: a organización. Isto non só é dispor de máis o menos medios, senón como se organizan, que nivel de motivación hai. Tamén valoramos os servizos á afiliación. A moitos afiliados o que lles interesa é que servizos lles dás como “contrapartida” á cota: a asistencia xurídica, a caixa de resistencia en períodos de folga, a asesoría nas negociacións colectivas ou en situacións críticas nas empresas... A conciencia nacional e o compromiso na defensa da autodeterminación tamén son compoñentes reivindicativos na militancia de ELA. Todos estes factores explican quen é quen e hai que velos coma un todo. Pola contra, UGT, un sindicato que só ten o 13% de representación na CAV, ten unha grande tradición histórica, mais isto só non serve.

Antón Álvarez: Como se encontran actualmente as relacións entre ELA e o outro sindicato abertzale, LAB?

J. Elorrieta: Non estamos a atravesar a mellor época da nosa historia, mais tampouco a peor. Até os anos 90 éramos dous mundos que non nos recoñecíamos mutuamente, pois traballábamos de maneira absolutamente separada, cunha concepción sindical e política moi distinta. A partir de 1993, a situación mudou radicalmente e empezamos a ter un nivel de colaboración no terro sindical, político e social moi interesante, tendo en conta que non era fácil. A confrontación política era moi grande no conxunto de Euskal Herria, pois ETA tiña un nivel de intervención, de atentados mortais, importante, o que convertía en crítica a situación. A partir de 2000 a relación entra en crise, mais non
   

“A conciencia nacional e o compromiso na defensa da autodeterminación tamén son compoñentes reivindicativos na militancia de ELA”.
 
volvemos á situación anterior a 1993. Desde comezos da década actual xa non hai unidade de acción no terreo da negociación colectiva e as diferenzas políticas de como abordar o contencioso vasco e o fin da violencia son elementos que nos separan. Porén, coincidimos en como situármonos en torno ao plano institucional ou no referente ao diálogo social. Aquí é onde temos unha posición común en termos xerais, pois ELA e LAB marchamos do Padroado de Formación Continua do Goberno vasco, porque discrepamos do Executivo en materia competencial e na forma en que se utilizan os fondos e proxectos de formación continua.

Antón Álvarez: O panorama político vasco semella pouco esperanzador a curto prazo. Nos últimos tempos agudizouse a represión sobre representantes políticos. Aí están o encarceramento de grande parte da Mesa Nacional de Batasuna ou o procesamento do Lehendakari. Aínda fican esperanzas para unha pronta resolución do conflito?

J. Elorrieta: A situación aparentemente é desesperante, tanto pola causa aberta contra o Lehendakari como polo encarceramento de grande parte da Mesa Nacional de Batasuna, que foi unha consecuencia da ruptura da tregua de ETA. Mantense deste xeito un estado d
   

“O Estado español de hoxe non está en condicións de aceptar un debate democrático sobre o futuro vasco”.
 
e excepción, no sentido de que dereitos como o de reunión ou o de opinión son constitutivos de delito segundo as leis de Partidos e Antiterrorista. A partir de aí, hai que seguir tendo esperanzas e ver oportunidades no traballo político e social. Hai que continuar a reivindicar a volta á normalidade democrática mais, para que isto suceda, os xuíces teñen que volver aos seus “cuarteis” e deixar o debate político e social a quen lle corresponde nunha sociedade democrática.

Antón Álvarez: Dá a impresión de que o Estado español o que máis teme son as consultas populares.

J. Elorrieta: Todo o contrario acontece noutros estados con máis madurez e tradición democrática, como Canada ou Gran Bretaña. É evidente que estes dous estados non queren que se constitúan como estados independentes Quebec e Escocia, mais aceptan o debate e as solucións democráticas.

O caso español é unha excepción pois é Estado mal feito. A Transición magnifícase, cualifícase de modélica mais as cousas fixéronse a medias, superficialmente. O Estado español de hoxe non está en condicións de aceptar un debate democrático sobre o futuro vasco. Este é o grande problema que teñen os españois. Por outra banda, hai que ver como liquidaron o “Estatut”, que viña avalado polo 90 % do Parlamento catalán. Foi unha auténtica grosería e un alarde de primitivismo democrático o “cepillo constitucional” que lle aplicaron ao Estatut. Ademais, vemos como se gaban do papel do rei no último Cumio Iberoamericano. No Estado, a grosería é un acto de reafirmación.

Por tanto, o Estado español non está preparado para debater aquelas cuestións que non se abordaron hai trinta anos, como a monarquía ou como o tema navarro, pois todo o mundo sabe que a solución navarra foi imposta polo ruído de sables e non permitirán que agora se converta nunha cousa natural, consubstancial á democracia.


Datos sobre a representatividade sindical en Hego Euskal Herria
(Comunidade Autónoma Vasca e Comunidade Foral da Navarra)

Comunidade Autónoma Vasca

Comunidade Foral de Navarra

Sindicato

% delegados/as

Sindicato

% delegados/as

ELA

40

UGT

30

CCOO

20

CCOO

24

LAB

17

ELA

21

UGT

13

LAB

12

Outros

10

Outros

13

 
 
  Antón Álvarez Sanz,
membro de CIG-Comunicación.
(Máis artigos/entrevistas...)
  Antón Álvarez Sanz
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta