|
Actualidade / Artigo Xurxo Martínez Crespo-
Como 117 deputados opositores non son máis que 138 do partido gobernante, así é a democracia, deciden máis os últimos que os primeiros. Pero este xornal é incombustíbel á hora de construír medias verdades. Así na portada e na páxina 2 asegura que Evo Morales impuxo a “súa Constitución” mais lendo a noticia, no terceiro parágrafo, lemos que o que se aprobou (aquí non utilizan a palabra imposición) foi o “índice da Constitución” e de aquí en adiante deberá votarse o texto artigo por artigo. Pregúntome eu, era esa a imposición de Evo Morales? Un índice? A obrigatoriedade e posibilidade que a oposición debata artigo por artigo? Despois de aprobados os textos, os artigos da Constitución boliviana deberán ser aprobados polo pobo boliviano en referéndum. É iso unha imposición? El País dá voz (e máis votos dos que ten) ao opositor branco Jorge “Tuto” Quiroga do partido PODEMOS con 60 escanos: “É unha Constitución (máis ben un índice) acuartelada, escrita con fusís e baionetas e manchada con sangue sucrense”. Que escribiría El País se unha poboación politicamente analfabeta, despois de 40 anos de ditadura, aprobase unha Constitución e unha monarquía con só o 54,9% dos votos? Foi o prócer uruguaio José Gervasio Artigas quen dixo “Con la verdad no ofendo ni temo”. El País ofende e teme. |
|||||||||||
|
|||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 28/11/2007 |
|||||||||||
|