ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 8 de novembro de 2007

Desconvocada a folga
Os traballadores de Cespa conseguen a retirada das sancións ao Comité de Empresa

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Desconvocada a folga en Cespa Vigo; clic para aumentar
Os traballadores e traballadoras de CESPA, empresa concesionaria do servizo de limpeza e mantemento dos parques e xardíns do Concello de Vigo, chegaron a un acordo este mércores 7 de novembro, así que non será necesario facer efectiva a convocatoria de folga indefinida que estaba fixada para o día 12. (Fotos: ©galizacig.com).
Desconvocada a folga en Cespa Vigo; clic para aumentar
Alfredo Filgueiras (na foto), presidente do Comité de Empresa, e da CIG, avaliou este acordo como “positivo, xa que conseguimos evitar as sancións, e buscóuselle unha saída ao compañeiro despedido”.
 
Despois dunha xuntanza celebrada na Delegación de Traballo, e na que estaba presente o Comité de Cespa, a empresa e representantes da Administración, acordaron distintas medidas para poñer fin ao conflito aberto nesta empresa de limpeza, e conseguindo o obxectivo básico de que se lle retiraran as sancións ao Comité de Folga.

Os traballadores e traballadoras de CESPA, empresa concesionaria do servizo de limpeza e mantemento dos parques e xardíns do Concello de Vigo, chegaron a un acordo este mércores 7 de novembro, así que non será necesario facer efectiva a convocatoria de folga indefinida que estaba fixada para o 12 de novembro.

O primeiro punto do acordo asinado entre as partes presentes nesta xunta na Delegación de Traballo foi o de retirar as sancións que a empresa lle impuxera ao Comité de Folga, que en ningún caso nin prazo se farán efectivas.

Outro dos acordos foi que o traballador despedido, acusado de “tirarlle unha botella” a un xerente durante a folga, terá unha sanción de dous meses pero que despois se poderá acoller a unha xubilación parcial, xa que pola súa avanzada idade é o que “este traballador prefería como solución”.

Ademais acordáronse outras cuestións de tipo técnico como a celebración dunha xuntanza do Comité de Empresa e a propia empresa para valorar o que aconteceu nesta folga, que sempre que haxa un conflito colectivo se acudira á Asociación Galega de Arbitraxe e que se buscará a mediación en todo caso, así como se establecerá unha relación laboral específica para a “vixilancia do contrato social”, que ven a ser “marcar no papel o que xa ven determinado no Estatuto dos Traballadores sobre absentismo, baixas ou ausencias”.


Acordo positivo

Alfredo Filgueiras, presidente do Comité de Empresa, e da CIG, avaliou este acordo como “positivo, xa que conseguimos evitar as sancións, e buscóuselle unha saída ao compañeiro despedido”.

 
 
Informacións relacionadas
01/11/2007 Mediación da Delegación de Traballo
Convocada folga con carácter indefinido en Cespa para o 12 de novembro
31/07/2007 A presión dos traballadores, a presión social e a política foron claves
Remata a folga de CESPA en Vigo tras un “duro” proceso de negociación
27/07/2007 Sancionan a 7 traballadoras/es por negarse a cumprir uns servizos mínimos abusivos
Masivo seguimento da folga indefinida de CESPA en Vigo
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/11/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta