|
Actualidade / Artigo O castelo do Casón Manuel Mera-
As sinais pra se achegar ao castelo non son as necesarias, por exemplo, no último cruce unha indicación di que a douscentos metros fica a fortaleza, en realidade son moitos máis. A uns seis centos metros hai que coller un carreiro e despois seguir (intuitivamente) unha varanda de madeira que marca unha estreita verea ateigada de mato e toxo que abrangue todo o xacemento. As ruínas seica manteñen aínda parte das murallas (segundo di a información existente no alto do morro), e todo fai pensar que o foxo é o que primitivamente arrodeaba a fortaleza. As vistas son impresionantes, xa que se nos ofrece a panorámica completa da ría de Ortigueira e Ladrido. Só por isto as peripecias pagan a pena. Vese que a ruína foi no seu día escavada e se lle fixo unha mínima infraestrutura pra facilitar o aceso, o que sen dúbida é digno de felicitación. O que non se comprende, e resulta inaceptábel, é o abandono posterior. De pouco vale investir, anunciar nos folletos turísticos, se despois os lugares non se manteñen acondicionados e coa sinalización necesaria... pra alén de quen teña as responsabilidades. |
||||
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 24/11/2007 |
||||
|