|
Actualidade / Artigo Un povo aldraxado e rebelde Manuel Mera-
Á metade do libro, despois de poñer como modelo a Aragón fai unha comparación con Galiza, da que di “que estivo dous meses bandeira en man, organizando xuntas de defensa e ameazando á nación até con separarse e anexionarse a Portugal, só porque a Facenda, na súa desesperación, trataba de lle restar un par de garvanzos” (…coitadiño o governo central). Ademais da pouca consideración que polo noso país e a súa xente ten este destacado político español reformista (algo común, aínda hoxe), o certo é que ao mesmo tempo amosa unha sociedade nada submisa, rebelde, que protesta polo que considera inxusto e abafante. Un dado que desminte a caricatura que pretende apresentar (na actualidade) ao noso povo como secularmente conformista e incapaz de se enfrontar aos que o asoballan. Indica tamén que había sectores importantes e hexemónicos na política galega que asumiron a direción desta protesta atrevida e teimuda (o que é impensábel no último medio século). E, non se pode pasar por alto, a forza que tiñan daquela os vínculos con Portugal, tanto que se ameazaba a Madrid con recuperar a unidade perdida coa nación irmán. Ou sexa, facíase bandeira do arredismo, cando hoxe é tan temido (mesmo falar delo). |
|||||||
|
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 05/10/2007 |
|||||||
|