Actualidade / ArtigoVolver


Vigo, 23 de setembro de 2007 (Publicado en La Región o 17/10/2007)

A Galiza romana
 

Manuel Mera-

fs@galizacig.net


  Ponte romana (Ourense); clic para aumentar
Ourense. Ponte romana.
As Burgas (Ourense); clic para aumentar
As Burgas. (Fotos: ©galizacig.com).
 
Nunha boa parte da xeografía galega hai monumentos que nos lembran a presenza de Roma nestas terras, nomeadamente pola provincia de Ourense pasa a Vía Nova, que ía de Braga a Astorga, e conservamos en herdanza (entre outros) legados tan importantes como as Burgas e a ponte de Ourense, o Monte Furado e Aquis Querquennis, próximo a Bande. Este foi un campamento militar sobre o río Limia a altura do encoro das Conchas; está moi ben conservado, en recuperación, e que paga a pena visitar. A romanización non foi no noso país tan grande como na Bética ou Cataluña, nen sequera comparábel á de Lusitania e Castela, porén seguramente maior que a da Asturias actual, se temos en conta os monumentos conservados e os xacementos atopados ate hoxe.

Lembremos un anaquiño de historia. Quinto Servilio Cepion ataca ás tribos vetonas e galaicas no 139 AC, e dous anos despois Decimo Xuño Bruto derrota aos galegos ao pé do Douro, polo que recibe o titulo de Gallaicus. A esta altura comeza a conquista da Galia meridional. No 96-94 AC hai unha nova expedición de Craso e no 62 AC Xulio César realiza unha campaña contra os lusitanos chegando ate o golfo Ártabro; e neste mesmo período enceta a conquista definitiva da Galia e a Gran Bretaña, así como do territorio galego. No 14 DC comeza a organización administrativa da Galiza por parte de Roma. Como o leitor pode comprobar a nosa relación co imperio romano ten un grande paralelismo coa que teñen os povos atlánticos naquel intre, polo que as características da conquista deben gardar unha gran semellanza.

Outros dous aspectos a ter en consideración: durante todo o imperio houbo povos que non estiveron sometidos ao dereito romano e continuaron funcionando moitas entidades tribais. Segundo Ptolomeo (século II DC) no Convento Lucense había 7 povos e 19 cidades, no Asturicense 9 povos e 19 cidades e no Bracarense 10 povos e 16 cidades. En todo caso non podemos esquecer que a romana foi unha conquista, e que se mantiveran tanto tempo os castros (amurallados) algo terá que ver con este feito.

Falo deste tema porque o noso país garda moito de todo este período, como tamén do megalítico, celta e medieval, que compre conservar e recrear, non só porque lembra a nosa historia, que é unha parte fundamental da cultura nacional, senón porque ademais pode e debe ser un atractivo turístico, xerador de emprego, algo que non se pode ignorar nunha zona castigada polo despovoamento. E, neste aspecto, a recuperación que se está a facer de Aquis Quaquennis, polo que puiden ollar estes días nun percorrido turístico-cultural que fixen pola Serra do Xures desde a vila balneario de Xeres en Portugal ate Bande, coido que vai polo bo camiño. Aínda que compren máis sinais e millorar as estradas e aparcamentos de coches, pra facilitar tanto a visita ao campamento como aos miliarios de Lobios, que están algo abandonados.

Todos podemos comprobar que son cada vez máis as persoas, de todas as idades e condicións sociais, que fan este tipo de percorridos turísticos, sen deixar atrás o aspecto gastronómico e de lecer. Non todo é praia e fútbol, musica clásica e cine. Sendo deste xeito, pola súa importancia cultural e económica, cumpre que os investimentos sexan maiores tanto en conservación, como en acondicionamento e exposición, e moi especialmente no noso caso en escavación. Hai avanzos, porén teño a impresión que son moi de vagar, e na conservación loitamos contra o tempo e a desfeita por ignorancia ou avaricia. Asemade, dándolle un pulo á divulgación poténciase o desenvolvemento e faise país.

 
 Do Xeres a Bande, viaxe histórico-turística
Encoro do Xeres (Portugal); clic para aumentar Portugal.

Encoro de canizada no Xeres.
Encoro do Xeres (Portugal); clic para aumentar  
Xeres (Portugal); clic para aumentar Xeres.
Xeres (Portugal); clic para aumentar  
Paisaxe, Lobios (Ourense); clic para aumentar Galiza.

Paisaxe en Lobios (Ourense).
Miliarios romanos, Lobios (Ourense); clic para aumentar Lobios.

Miliarios romanos xunto á Vía Nova.
Campamento romano en Bande (Ourense); clic para aumentar Bande.

Campamento romano Aquis Querquennis.
Campamento romano en Bande (Ourense); clic para aumentar  
Campamento romano en Bande (Ourense); clic para aumentar  
Campamento romano en Bande (Ourense); clic para aumentar  
Igrexa, Santa Comba (Bande); clic para aumentar Santa Comba.

Igrexa suevo visigoda do século VII.
Igrexa, Santa Comba (Bande); clic para aumentar  
 
 
 
  Manuel Mera,
secretario confederal de Formación Sindical e
Comunicación da CIG.
(Máis artigos...)
  Manuel Mera
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta