|
Actualidade / Entrevista Antón Álvarez Sanz (CIG)-
Manel Grandal: Existen dous contratos. O primeiro é para a construción de tres destrutores e foi asinado hai dúas semanas co Ministerio de Defensa de Australia. O segundo consiste na construción de dous LHD (embarcacións anfibias) e foi asinado o 9 de outubro co estaleiro australiano Tenix. O contrato dos destrutores é unica e exclusivamente tecnolóxico, é dicir, para o deseño dos barcos, para o desenvolvemento dos planos e do mantemento, etc. Á parte de vender tecnoloxía, imos participar na asistencia técnica en canto a documentación, ás informacións sobre pedidos, ordes de traballo... Cómpre salientar que este contrato se conseguiu grazas ao “Programa Nécora”, desenvolvido aquí en Ferrol durante anos e que integra os aspectos de enxeñería, produción e aprovisionamentos. A man de obra directa estará en Australia, aínda que Navantia tamén asesorará alí na construción do estaleiro que realizará este traballo. Os tres destrutores son un desenvolvemento das fragatas F100 da Armada española e levan o sistema de combate norteamericano AEGIS. O contrato dos destrutores conta con 300.000 horas de traballo e cun montante económico próximo aos 280 millóns de euros, pero todo relacionado coa tecnoloxía. Antón Álvarez: E que ocorre coas dúas embarcacións anfibias contratadas? Manel Grandal: Os dous LHD para a Armada Australiana son idénticos ao da española que se está a realizar, con cuberta para helicópteros e un dique traseiro. Este contrato conta cun montante económico de, máis ou menos, 900 millóns de euros. Haberá 9,3 millóns de horas de produción e o 90% destes dous buques farase aquí. A superestrutura de cuberta realizarase no estaleiro Tenix de Australia. Os prazos previstos para entregalos serán 2012 para o primeiro e 2013 para o segundo. Antón Álvarez: Vanse necesitar máis operarios dos que hai agora para construír estes dous LHD?
O contrato dos LHD está a servir para que os promotores do Plan Ferrol, concretamente o PSOE e os seus aliados, encubran o fracaso do plan e tapen as súas miserias. Ademais, están creando un debate falso na sociedade e confundíndoa ao asegurar que algún dos dous buques se podería facer en Fene. Repartir a construción militar entre os dous estaleiros é repartir miseria e condenar esta comarca. A reconversión, primeiro, e agora o Plan Ferrol condenaron a que Ferrol-Fene sexan o mesmo estaleiro e a que Astano se lle negue a construción naval civil, que é para o que está deseñado. É penoso que estean a crear tantas expectativas na xente. O Goberno quere tapar a reconversión con isto (o contrato dos LHD) e tratar a xente de Ferrolterra de papanatas. O Plan Ferrol só está significando subvencións a empresas, cartos a fondo perdido pero non para crear moitos postos de traballo. Antón Álvarez: Por onde pasa o futuro dos estaleiros de Ferrolterra? Manel Grandal: A realidade é teimuda e a construción naval está en auxe importante. Ninguén pode negar isto hoxe en día. A saída para o estaleiro de Fene ten que ser a construción civil. Con que método? Eu non son quen de dicilo mais está claro que hai unha decisión política que o impide que entendo que debe ser revisada. As administracións deberían traballar neste camiño porque hai mercado e tecnoloxía válida para calquera tipo de construción. A tecnoloxía da que dispomos foi clave para conseguir este contrato con Australia. Ademais, as administracións, que falan tanto do despegue da comarca, teñen que pór en marcha o Centro Tecnolóxico do Naval, unha axencia industrial, conectar a Universidade con avances tecnolóxicos do estaleiro como o Programa Nécora, por exemplo. |
||||
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 17/10/2007 |
||||
|