|
Actualidade / Crónica Silvia Bermúdez Pérez e Pilar
Rodríguez Pérez-
O lugar elixido para iniciar o noso trepidante descenso estaba situado uns quilómetros máis arriba d’As Neves. Antes de entrar na auga, Eduardo deu unha pequena charla ás persoas con menos experiencia. E ao fin chegou o momento agardado. Máis dunha veintena de kaiaks padexando a raia. O Miño permite gozar de sucesivos rápidos de diferentes intensidades. Ideal para iniciarse nesta práctica deportiva. Risas, emocións, naufraxios... até abordaxes. Algún parecía ir en motora, ou non Suso? Aínda que rematou como Leonardo di Caprio no Titanic, je, je. Despois dunhas horas de descenso, cando os brazos xa non respondían, paramos a xantar nun merendeiro á beira do río. Ummm, que boa estaba a empanada de chocos! Unha vez repostas as forzas aínda tivemos ganas e ánimos para continuar a nosa aventura e descender até Salvaterra. Entre risas e bromas rematamos a nosa xornada ben entrada á tarde. Desde a CIG Mocidade seguiremos a apostar por estas actividades que nos permiten, dun xeito lúdico e divertido, gozar dos espazos naturais do noso país. Non o penses maís e móllate con nós.
|
||||
|
||||
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 12/09/2007 |
||||
|