|
Actualidade / Artigo Silvia Bermúdez Pérez-
medra no vento, e vén desde unha hora antiga, aínda diáfana, traendo a miña voz doutras idades”. (Antón Avilés de Taramancos, “A espada florescida”).
Pois este ilustre personaxe foi unha desas ratas fascistas e covardes adicadas a sembrar o terror no chamado bienio negro (1934-36). Un repugnante recordo do terror falanxista e da súa dialéctica de odio e morte coa que estes pistoleiros atentaban a convivencia democrática e a estabilidade da República. Este oficial de carreira acolleuse á Lei Azaña para retirarse do exército cobrando a súa paga íntegra. Xefe “territorial” das JONS comezou a adestrar, en 1934 aos membros de Primera Línea, grupo terrorista formado na Falange. Estes aspirantes a verdugos tiñan como único obxectivo desestabilizar a República sembrando terror e inseguridade. Atacan a militantes de esquerda, rebentan manifestacións, asaltan locais, irrompen pistola en man en mitins... Todo ao servizo do “pensamento” máis reaccionario e covarde, que tiña como único credo a práctica da violencia. Canalejo é ben coñecido polas súas prácticas, facer tragar gasolina as súas vítimas antes de abandonalas apaleadas. Ao mesmo tempo, estes fascistas petan nas portas dos cuarteis para ofrecerse como voluntarios para o golpismo. As traballadoras e traballadores darían un duro golpe a estes pistoleiros nas eleccións de febreiro de 1936, onde a Falange obtén uns ridículos resultados. Pero eles non se renden, non aceitan a derrota. O propio Canalejo escribía, nunha carta datada nos primeiros días de xuño, o seguinte: “Consólame pensar que neste xogo, tamén gañei as miñas bazas, e aínda non se xogou a última, na que agardo estar presente”. O fatídico 18 de xullo de 1936 os conspiradores fascistas protagonizan o golpe militar que sumirá a todo o Estado no máis absoluto terror. Serán os cans de presa adestrados por Canalejo, finado en novembro(1), quen organicen a matanza covarde e cruel do mellor dunha xeración. Militantes de organizacións culturais, políticas e sindicais, son asasinados e esquecidos en fosas comúns. Poetas, labregos, intelectuais, obreiros, estudantes... Unha xeración castrada e exiliada que deixaría unha sociedade orfa que creceu no medo. Unha sociedade que sufriu a peor castración posíbel, a da súa memoria, pois foi educada na peor das amnesias colectivas. Porén, o que nunca poderán asasinar estes fascistas é a nosa memoria. Como xa manifestou a CIG Saúde, por dignidade e por hixiene democrática temos que deixar de honrar aos represores, corrixir a inxustiza histórica cambiando o nome do Complexo Hospitalario. O que non entendo é por que ningún outro sindicato apoiou esta proposta da CIG na Xunta de Persoal(2). A cidade d’A Coruña ten a vergoña de honrar a un verdugo no seu principal hospital. |
||||
|
||||
|
|
||||
|
Notas: (1) Preso desde os primeiros meses de 1936, Canalejo será fusilado en Madrid ante o avance das tropas fascistas. (2) A CIG Saúde presentou na Xunta de Persoal da Área d’A Coruña a proposta de cambio de nome do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Porén, ningunha outra central sindical apoiou este cambio e mesmo defenderon a actual denominación. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 18/09/2007 |
||||
|