Actualidade / Opinión Volver


Vigo, 27 de setembro de 2007

Pazo de Meirás
 

Pilar Rodríguez Pérez-

CIG-Mocidade


  Pazo de Meirás en Sada; clic para aumentar
Chegada a “democracia” cando terían que devolver o edificio a quen pertence (ao Concello de Sada) e as terras anexas aos seus antigos propietarios, foi herdado pola viuva e familia do ditador. A maiores a Carmen Polo recibiu do Estado unha pensión como viuva de “xefe de Estado” de algo máis de 12 millóns de pesetas ate a súa morte, virando a cara ao xenocidio cometido e a décadas de represión. Pasamos á democracia con plena impunidade de feitos tan garves e recompensando á familia. (Foto: Pazo de Meirás en Sada).
 
In Memoriam de Juan Alonso Rodriguez, zapateiro de Sárdoma, fusilado en Pereiró polos falanxistas en 1937.



Vense de abrir un conflito entre a Dirección Xeral de Cultura e a familia Franco polo Pazo de Meirás. A Dirección Xeral enviou a dous técnicos de patrimonio a pasar inspección ao tan polémico pazo para catalogalo como Ben de Interese Cultural. A consecuencia de que este expediente saíra adiante sería, xa que logo, abrir ao público este edificio e mailos seus xardíns catro días ao mes.

A “familisima” proibiu o paso a estes funcionarios. Atrinchéranse tras estes muros porque, din, son “propriedade da familia” e ninguén e quen de violar as súas terras. Mais estas terras foron doadas ao ditador Francisco Franco en 1938. A doazón, foi promovida por diversos políticos e personalidades que simpatizaban co Réxime. Seica a adquisición do Pazo realizouse mediante a extorsión, o medo e a expropiación. Deste xeito, total ou parcialmente, recadáronse cartos entre a povoación para mercar o edificio e as terras anexas foron extraídas con diversas tretas aos propietarios destas. É polo tanto unha adquisición que ule a sangue e morte, inxustiza e represión.

Chegada a “democracia” cando terían que devolver o edificio a quen pertence (ao Concello de Sada) e as terras anexas aos seus antigos propietarios, foi herdado pola viuva e familia do ditador. A maiores a Carmen Polo recibiu do Estado unha pensión como viuva de “xefe de Estado” de algo máis de 12 millóns de pesetas ate a súa morte, virando a cara ao xenocidio cometido e a décadas de represión. Pasamos á democracia con plena impunidade de feitos tan garves e recompensando á familia.

Asemade é moi posíbel a venda destes terreos polos Franco, como xa ten acontecido con outros da súa propiedade noutros lugares do Estado. Faime lembrar doutra historia. O povo de Carril cedeu a Illa de Cortegada a Alfonso XIII coa intención que viñese veranear a Galiza e favorecer o turismo, cousa que nunca ocorreu. Varias familias que habitaban na illa tiveron que abandonala. En 1978 foi vendida polo pai do rei de España por sesenta millóns. A Xunta tivo que gastar 1,8 millóns de euros para recuperala.

A Xunta semella que dá un primeiro paso na recuperación do Pazo de Meirás, ou cando menos do control efectivo do patrimonio histórico. Coido que sería xusto que as cousas volvesen ao seu sitio porque están totalmente deslexitimados os medios mediante os cales foron conseguidas, xa que se fixo nun contexto de represión e medo, onde a liberdade de decisión non existía… cando menos nas clases populares e nos opositores ao réxime.

Isto débeselle a todos e todas as que ficaron polo camiño, eses milleiros de faces sen rostro que engrosan a lista de persoas represaliadas durante o Franquismo e non poden berrar pedindo xustiza. Esta é a miña homenaxe a aqueles que sofriron sangue e morte, inxustiza e represión.

 
 
  Pilar Rodríguez Pérez,
membro de CIG-Mocidade.

(
Máis artigos...)
  Pilar Rodríguez Pérez
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta