Actualidade / ArtigoVolver


Vigo, 7 de setembro de 2007

Grecia non é Galiza
 

Manuel Mera-

fs@galizacig.net


  Monte Louro e arredores (Muros); clic para aumentar
Monte Louro e arredores (Muros); clic para aumentar
A sensibilidade coa que actuaron neste caso os organismos da Unión Europea, así como as promesas de axudas inmediatas por máis de 200 millóns de euros e que poden atinxir o dobre, que son xustas e necesarias!, contrasta coa actitude que mantiveron estas mesmas institucións cando o lume estragou media Galiza costeira, fai agora un ano. (Fotos: Restos dun incencio en Monte Louro e arredores, en Muros. ©galizacig.com).
 
En poucos días, tento en conta o de vagar co que actúa a Unión Europea nestes temas, o presidente da Comisión Europea (Durao Barroso) e mais o responsábel de meio ambiente, o grego Stvaros Dimas, amosaron a súa solidariedade con Grecia e anunciaron achegas. Razóns pra que procederan deste xeito hai unha morea; encetando pola traxedia, tanto ecolóxica como en vidas humáns, provocada polos incendios forestais da pasada semán. Polo que sabemos o lume cebouse especialmente no Peloponeso e mais nos arredores de Atenas, que son áreas asemade de grande interese histórico e monumental. O medio cento de mortos reflicten a gravidade do desastre, ao que lle temos que sumar as 250.000 hectáreas queimadas.

A sensibilidade coa que actuaron neste caso os organismos da Unión Europea, así como as promesas de axudas inmediatas por máis de 200 millóns de euros e que poden atinxir o dobre, que son xustas e necesarias!, contrasta coa actitude que mantiveron estas mesmas institucións cando o lume estragou media Galiza costeira, fai agora un ano. Non se trata eiqui de fixar unha comparación sobre a gravidade de cada unha das desfeitas, a grega é sen dúbida de moita entidade e seguramente superior á galega, senón (e isto é o máis importante) que nun caso e outro foron situacións de emerxencia con enormes custes ecolóxicos e económicos, que merecen axudas e un tratamento solidario, pra isto tamén estarán as institucións e non só pra fixar o euribor e impor sancións polo exceso de cota láctea!

Diante desta situación, non podo deixar de me facer as seguintes preguntas, será que a Unión estase facendo máis sensíbel ao que pasa na rúa?, terán algo que ver as próximas eleicións en Grecia, e con esta ación quéreselle botar unha mau a Karamanlis, por certo un presidente conservador?, será porque o secretario da área é grego?... Sexa cal sexa o motivo (o tempo dirá cal é en realidade) compre acoller positivamente estas medidas e outras que permitan recuperar axiña as zonas afectadas polo lume e que axuden ás familias prexudicadas.

Este acto de sensibilidade amosaría que ademais de soldos moi altos e técnicos inalcanzábeis polo cidadán común, en Bruxelas, de cando en vez mírase e síntese o que pasa nos campos e nos barrios… claro que, Galiza fica tan lonxe, tanto que nen en Madrid saben moito de nós, a non ser cando as protestas chegan ao motín ou veñen de vacacións… daquela todos gaban a paisaxe e o xantar, seica só pra iso valemos. Sen dúbida tiña razón Faraldo cando na Revolución de 1846 no voceiro do movemento erguía a consigna de “que nos teman e nos respeten”.

 
 
  Manuel Mera,
secretario confederal de Formación Sindical e
Comunicación da CIG.
(Máis artigos...)
  Manuel Mera
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta