Actualidade / ArtigoVolver


Vigo, 26 de setembro de 2007 (Publicado en La Región o 25/09/2007)

As terras de Trives e Caldelas
 

Manuel Mera-

fs@galizacig.net


  Canón do Sil, na Ribeira Sacra; clic para aumentar
Canón do Sil, na Ribeira Sacra.
Castro Caldelas; clic para aumentar
Castro Caldelas.
Castro Caldelas; clic para aumentar
Castro Caldelas, castelo ao fondo.
Castelo de Castro Caldelas; clic para aumentar
Castelo de Castro Caldelas.
Castelo de Castro Caldelas; clic para aumentar
Castelo de Castro Caldelas, interior.
Chandreixa, val e embalse; clic para aumentar
Chandreixa, val e embalse.
Manzaneda; clic para aumentar
Manzaneda.
Manzaneda; clic para aumentar
Manzaneda.
Manzaneda; clic para aumentar
Manzaneda.
Mosteiro de Montederramo; clic para aumentar
Mosteiro de Montederramo.
Mosteiro de Montederramo; clic para aumentar
Mosteiro de Montederramo.
Pobra de Trives; clic para aumentar
Pobra de Trives.
Pobra de Trives; clic para aumentar
Pobra de Trives.
Pobra de Trives; clic para aumentar
Pobra de Trives. (Fotos: ©galizacig.com).
No noso país temos zonas con terras altas, como son os Ancares e o Courel, o Deza, o Bolo, Trives e Caldelas. Estas dúas últimas bisbarras moi próximas a Cabeza de Manzaneda ofrecen, como as outras ás que fixen referencia, unha paisaxe espectacular; neste caso a zona está ateigada exclusivamente de vexetación autótona, moito contraste de cores, e grandes pendentes. Todas estas comarcas deberan ser lugares en valor, de obrigada visita pra todos aqueles que procuran abanear un pouco o abafante bulir das cidades desta complexa etapa histórica, ou sinxelamente queren pasar un día de lecer agradábel rente das nosas raíces, de lugares que aínda non foron esmagados polo urbanismo irracional e a perda de identidade.

Esta área de alta montaña ofrece monumentos como o Mosteiro de Montederramo, que necesitaría un pulo inversor pra súa total recuperación; o Castelo de Castro Caldelas, ben conservado e que conta cun pequeno museo etnográfico; un núcleo antigo interesante na Pobra de Trives, co Pazo dos marqueses de Trives e a Casa Grande en pleno centro, e outro núcleo con restos medievais na pequena vila de Manzaneda (algúns anacos da muralla, un arco da porta de entrada, etc). Por certo, pasaba por eiqui a Vía Nova romana, quedando deste período numerosos restos.

Temos ademais nestas terras o Canón do Sil, na chamada Ribeira Sacra, unha fenda de varios centros de metros entre montañas pola que se abre paso o río Sil; o bidueiral de Montederramo, perto de Magainza, por magoa de moi difícil aceso; O embalse e o val de Chandrexa de Queixa; a estación de deportes de inverno de Cabeza de Manzaneda; etc. Podemos tamén falar dos bos viños da Ribeira Sacra, compartida con outras comarcas, da carne de calidade, da bica, dos doces artesanais, como os “biscoitos borrachos”. En fin, son lugares que cumpre visitar, mais que necesitan de millores comunicacións e unha maior dotación de infraestruturas pra facilitar o turismo, comezando polo que veña do resto de Galiza, así como de máis divulgación dos atributos que posúe.

Agora ben, malia que esta é unha zona agradábel pra vida, de contrastes xeográficos e potencialidades evidentes, as cousas non van ben no plano económico e social. As terras de Trives e Caldelas abranguen en total oito concellos con 745 quilómetros cadrados e uns dez mil habitantes, ou sexa, unha densidade de povoación sete veces máis baixa que a media galega! Non sempre foi deste xeito. Segundo o censo de 1900 a área tiña 30.478 habitantes e en 1950 baixara a 27.385, unha tendencia negativa, contraria á do resto do país que neste período aumentaba povoación en practicamente todos os concellos. En poucas palabras esta zona reflicte gravemente o despovoamento da Galiza interior, xa que dividiu por tres o número de habitantes nas últimas cinco décadas.

O dado de povoación, millor que ningún outro, amosa os atrancos económicos e as eivas nos servizos básicos e infraestruturas que padecen estas dúas comarcas, ao que temos que engadir que nos novos proxectos de investimento público fican en moitos casos esquecidas. Resulta polo tanto normal que exista un sentimento de agravio comparativo e que se faga de vías de comunicación, como da A-76 corredor 3 por Ourense, motivo da necesaria mobilización cidadán. As diferentes administracións públicas deben escoitar estas protestas, non só porque son xustas, senón asemade porque non resolvelas axeitadamente é aceptar como algo definitivo unha Galiza asimétrica, de varias velocidades, significa fracturar a nación tamén territorialmente. Fáltame coñecemento abondo pra saber se esta é a obra prioritaria na zona, porén do que non hai dúbida é que cumpre un plano especifico de investimento e medidas urxentes que dinamicen a actividade económica e a xeración de emprego digno.

 
 
  Manuel Mera,
secretario confederal de Formación Sindical e
Comunicación da CIG.
(Máis artigos...)
  Manuel Mera
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta