|
Actualidade / Artigo Xurxo Martínez Crespo-
O oficial non é coñecido coma antifranquista. Chega a unha cidade ou pobo onde coñece xente e ten amigos. A misión é a de organizar un NÚCLEO para despois actuar en accións insurreccionais, folguísticas, de sabotaxe. O núcleo non debe ser maior de catro comandos. Ao presentarse a posibilidade de aumentar os nosos efectivos, deberá encargar a un dos compoñentes do NÚCLEO, e así sucesivamente. Ao constituírse o segundo NÚCLEO, o oficial debe romper o contacto co compañeiro responsable, enviando ao directorio comarcal ou nacional un enderezo seguro que o outro compañeiro lle dea. Nunca os NÚCLEOS nin os seus compoñentes estarán en contacto entre si. Os NÚCLEOS ESTARÁN LIGADOS ATRAVÉS DOS DIRECTORIOS COMARCAIS OU REXIONAIS e, no seu defecto, a través do Directorio Nacional, e os comandos dun NÚCLEO o estarán por conduto do seu responsable. Para os efectos conspirativos, os comandos comezarán por adoptar nomes supostos. Isto debera facerse dende o comezo. Como iniciación do traballo de organización, comezará o oficial por asegurarse moi ben da calidade moral dos seus amigos; se teñen pais, irmáns e demais familia, en que situación económica viven e vive, se ten moza, etcétera, e qué grao de influencia exercen os seus familiares sobre el. E o mesmo no referente á súa moza. Nunha palabra, o xeito de vivir e as súas relacións. Tratará de saber como pensan politicamente as persoas que o rodean. Isto poderá sabelo polo mesmo amigo a quen se ligue. Mais antes de confiarse debe tentar de non ser traizoado. Unha vez logrado o primeiro, será máis doado, serán xa dous aos que ir buscar. Terá moito coidado de non andar xunto cos seus comandos (a policía, cando detén un para pescudas, o primeiro que fai é procurar e interrogar a todas as aquelas persoas ás que se acompañaba ou frecuentaba). Os comandos evitarán moi ben manifestarse con ninguén, a non ser con aqueles que lles conste que son antifranquistas, e nunca descubrirán a súa filiación de activos revolucionarios.
Aquel que sexa antifranquista é aproveitábel sempre na loita contra a ditadura. Trátase aquí de non ser sectarios e de non dicir: “Ese non serve para nada”, polo feito de ter medo para actuar militarmente, ou que intereses de familia ou prexuízos, llo impiden. Este antifranquista é tamén aproveitábel. Cando se coñecen simpatizantes da causa antifranquista, comezarase por investigar a súa vivenda para botar por debaixo da porta propaganda escrita, que o oficial pode facer e escribir, sempre a maquina, nunca a man. Ao outro día provocaranse, intelixentemente, con moito tento, as súas reaccións. Este é un camiño que conduce a coñecer aos elementos e, en consecuencia, saber se podemos ser máis claros con isto. Os comandos nas fábricas ou outros lugares de traballo onde estean empregados, deben aproveitar aos seus compañeiros de confianza, para con eles organizar NÚCLEOS SINDICAIS QUE, NUN MOMENTO DADO PODEN PROVOCAR FOLGAS PARCIAIS, SEN QUE ELES SE DESCOBRAN, ESPECIALMENTE AQUELES COMANDOS MILITARES. OS NOSOS NÚCLEOS SINDICAIS deben unirse ás folgas que outros obreiros de ideoloxías diferentes organicen, tratando neste caso de tomar parte na dirección delas, sabendo de antemán que detrás disto están os nosos comandos para protexelos e, en caso de necesidade, poñelos ao descuberto. Un dos traballos para o comando nunha fábrica ou noutro lugar de traballo industrial, debe consistir en levantar de memoria un bosquexo daquelas partes vulnerábeis, capaces de paralizar a fábrica cunha sabotaxe. A nosa acción, máis que nada, debe ser dirixida a destruír a economía do réxime, atacándoa nas súas industrias vitais, comunicacións, liñas eléctricas de alta tensión. A simple voadura dunha ponte de ferrocarril pode cortar as comunicacións durante días en toda a industria, e o mesmo acontece co estouro dunha subestación importante ou dunha liña de alta tensión. Para proceder á sabotaxe dunha ponte, liña eléctrica, telefónica, etcétera, deben tomarse precaucións de seguridade e vixilancia naqueles puntos próximos ao lugar da “operación”, para que os comandos que a están preparando non poidan ser sorprendidos. Unha vez estudada a operación polo oficial, colocará, de ser posible o día anterior, preto do lugar os explosivos precisos. Dará cita aos comandos que deben intervir nun lugar próximo, debendo chegar cada un por un sitio diferente. El estará alí con algún tempo anticipado, co fin de vixiar que os que chegan non son seguidos por persoas alleas. Ao asegurarse de que non hai novidade, recolleraos dirixíndose con eles ao lugar da “acción”. Estas sabotaxes teñen por misión cortar os servizos telefónicos, gas, electricidade, auga, etcétera. Para iso comézase por estudar a situación das casetas de transformación eléctrica, os sotos de electricidade e de teléfonos se se tratara de instalacións subterráneas, procurando sempre que os sectores que se vaian interromper sexan barrios residenciais (de clases medias altas), rúas elegantes, co fin de que o pobo sufra o menos posible. Se de liñas telefónicas se tratar, escollerase un poste que teña moitos arames. A operación estudaraa o oficial, sen lle comunicar a ninguén do que se trata, até o intre oportuno no mesmo lugar da acción. A preparación das cargas farase o máis axiña e o detonador graduarase cun tempo máis que abondo para que cada un marche devagar á súa casa, ao cine ou a falar coa moza, etcétera. Ao día seguinte o oficial establecerá contacto con cada un para asegurarse de que non hai novidade ou preparar a desaparición daqueles que se atopen en perigo, se estes xa non están seguros. Este contacto farase con moito tento, especialmente por medio dun teléfono público, con algunha frase convida, ou outro xeito calquera da invención do oficial ou de calquera comando. En toda España o pobo, na súa maioría, está contra o réxime. Se sabemos aproveitar este sentimento, será moi doado atopar amigos que nos protexan, mais deben ser aqueles menos frecuentados por nós. A loita de comandos, como así mesmo das guerrillas, só se pode desenvolver cando hai un pobo que nos protexe. Por isto nunca as nosas accións deben atacar os intereses populares. Os comandos continuarán facendo a mesma vida que facían antes de selo, para non espertas sospeitas. Cando existen puntos de apoio ou de protección, o responsábel unicamente saberá onde dirixirse para alcanzalo cos seus comandos. Tomará a precaución, cando dunha operación perigosa se trate, de entregarlle un papeliño co enderezo que cada un tomará en caso de ser perseguidos. Este escrito non deberá ser lido se nada acontecera, destruíndoo inmediatamente de establecida a seguridade persoal da cada un. O oficial, utilizando aos seus comandos, tratará de obter os datos precisos sobre a policía, G.C., etcétera, que existise no sector que el dirixe:
O comando non debe andar armado só cando o recomende a misión. Se neste caso se vira no perigo de ser rexistrado, tratará de desfacerse da arma, mais se non puidera, disparará a matar, aproveitando a confusión para fuxir. As principias virtudes do comando son: O segredo, a abnegación, a lealdade, o compañeirismo, o valor. A vida sen un contido superior, como é o de liberar a un pobo e crear un mundo mellor para todos os que hoxe sofren e, traballando moito, comen moi pouco, non ten máis valor que a de ser dunha escala zoolóxica inferior. O comando nunca esquecerá un delito de traizón, neglixencia ou falla de responsabilidade que ocasione a detención ou morte doutros comandos; merece e castígase coa pena de morte, a que deberá ser pronunciada polos seus mesmos compañeiros reunidos en consello de guerra. O comando, para exixir xustiza contra quen incorrera en castigo, ten que estar limpo de toda veleidade de culpa... Os comandos saen moi especialmente do seo da nosa mocidade, e é nela en quen os pobos de Iberia teñen postas todas as súas esperanzas. Os comandos do DRIL non deben, non teñen dereito a defraudar ao noso pobo. |
|||||||||||
|
|||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 27/06/2007 |
|||||||||||
|