|
Actualidade / Artigo Nacionalismo e imperialismo, esquerdas e
dereitas, na visión do galeguismo de 1928 Manuel Mera-
“O trunfo das esquerdas nas derradeiras eleicións alemanas ten producido inmensa ledicia nas esquerdas universás por diversas razóns que xa se dixeron. E tanto como o trunfo das esquerdas debe producila a derrota do nacionalismo alemán. Aínda hai quen confunde as dúas crás de nacionalismos hoxe en loita. Eu que son nacionalista galego celebro a derrota do nacionalismo alemán, dous nacionalismos antagónicos, e considéroo un bon paso, igualmente como nacionalista, para a paz e confraternidade universás. Leín nos xornás que o Estado soviético ruso enviou armas aos nacionalistas irlandeses. Unha nova e contundente demostración de que o nacionalismo minorista non é incompatibre co universalismo que sintetizan e preconizan os comunistas rusos. Enterense ben os universalistas que non acaban de difrenciar os dous nacionalismos”(1).
Víctor Casas naceu en A Coruña no ano 1900, intégrase moi mozo á Irmandade da Fala e será un dos asinantes da Asembleia Nacionalista de Lugo en 1918, na que as Irmandades asumiron postulados claramente nacionalistas. Desde 1922 será o director de A Nosa Terra. Mantivo unha postura de oposición á ditadura de Primo de Rivera, nunha actitude que contrastou coa doutros galeguistas que, despois dun primeiro intre de dúbidas, viron con bos ollos ao governo militar. A ditadura nomea a varios deles membros das novas corporacións municipais: Villar Ponte, Vicente Risco, Torres Agrelo, Otero Abelleira, Losada Diéguez... En 1925 cando as promesas de descentralización esvaense Risco e Losada Diéguez apresentan a dimisión e pasan á oposición ao réxime. Casas foi impulsor de ORGA, Organización Republicana Gallega Autónoma. Aceptou o Pacto de Lestrove(3), mais opúxose ao Compromiso de Barrantes(4). Posteriormente afastouse de ORGA pola súa deriva estatalista e participou na fundación do Partido Galeguista en 1931, sendo membro da súa Executiva. Era partidario fervente da alianza na Frente Popular. Tras o Golpe de Estado foi detido e fusilado no monte da Caeira, a poucos quilómetros de Pontevedra, xunto a outros dez republicans o 12 de novembro de 1936(5). |
|||||||||||
|
|||||||||||
|
|
|||||||||||
|
Notas: (1) A Nosa Terra 249, do 1º de xuño de 1928. (2) Información recollida de “Historia del Movimiento Obrero”, Centro Editor de América Latina, Arxentina. (3) O pacto de Lestrove foi unha reunión política que tivo lugar o día 26 de marzo de 1930 no pazo da Hermida situado na localidade de Lestrove entre políticos galeguistas e republicans galegos. Á reunión asistiron unhas cincuenta persoas, pertencentes a ORGA (dirixida por Santiago Casares Quiroga), radicais (cuxo líder en Galicia era Santiago Abad Conde), federais e radical-socialistas, e o resultado foi a creación da Federación Republicana Gallega, na que se integraron os partidos participantes, co obxectivo da proclamación dun réxime republicano e a consecución dun estatuto de Autonomía para Galiza. A reunión acordou tamén enviar a Santiago Casares Quiroga, líder de ORGA, como representante da Federación na reunión do Pacto de San Sebastián. Desta reunión, Casares Quiroga saíu enormemente fortalecido como líder do republicanismo galego. (Wilpikedia). (4) Tamén denominado Compromiso de Barrantes, o Pacto de Barrantes fai referencia ó acordo concertado o 25 de setembro de 1930 entre varias figuras do galeguismo (Castelao, Otero Pedrayo) e do republicanismo da época (Casares Quiroga, Villar Ponte, Portela Valladares) no pazo de Barrantes (Ribadumia, Pontevedra). O Pacto de Barrantes é, xunto co Pacto de Lestrove, no que se acordou a constitución da Federación Republicana Galega, en marzo de 1930, e co Banquete de Barxa un dos acontecementos que preludian o advento da II República Española. No documento asinado afirmábase que a causa fundamental dos problemas de Galicia radicaba no centralismo político e que a solución pasa pola súa plena autonomía política e administrativa. As forzas comprometidas no pacto fixaron obxectivos comúns, como a liquidación do caciquismo, a loita contra todo réxime político que non emane da soberanía popular, a consecución da autonomía, a cooficialidade do galego e castelán, a galeguización da universidade e o ensino en xeral, a liberación da terra e a dignificación social das clases traballadoras. (Wilkipedia). (5) Pra máis información encol de Víctor Casas ver artigo de Ernesto Vázquez Souza en www.agal-gz.org, e o libro “escritos Políticos” de Víctor Casas, da editorial A Nosa Terra. |
|||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 12/04/2007 |
|||||||||||
|