|
Actualidade / Artigo Marcha contra Xove nuclear, cando mudou a
correlación de forzas Manuel Mera-
A convocatoria da marcha de Xove foi feita polas Comisións Labregas(4) (ou sexa: o Sindicato Labrego Galego actual) e o governo civil da provincia anunciaba o sábado, un día antes, que non seria autorizada e que tomarían as medidas oportunas, e dous días antes a Delegación Provincial de Información e Turismo dicia que só se dera autorización pra o estudo do posíbel emprazamento da nuclear en Regodela. Informacións ambas as dúas que, sen dúbida, querían restar participantes; algo que non conseguiron. Pola súa banda militantes da ANPG axitaban contra a central nuclear nos barrios da Coruña e o PSG pedía unha demora de dez anos pra instalación da nuclear. A marcha contou asemade co apoio activo do conxunto do “nacionalismo popular”, ou sexa: ANPG, ERGA, Comités de Axuda á Loita Labrega (CALL).
Por honor á verdade convén dicir que o que eiqui escribe chegou antes ao Xove, xa que por mor dunha lesión non puiden facer toda a marcha, e ao chegar a este lugar atopeime nun bar a direción do PCG, coa que despois se deu o maior enfrontamento ao final do acto, que estaban festexando a legalización do seu partido e ao mesmo tempo falando en voz alta en como ían a tomar a mobilización (polo visto non me coñecían), pra o que xa concentraran un numeroso grupo de simpatizantes ao final do percorrido. Por suposto avisei antes de que chegaran ao lugar, onde se ía celebrar o acto final. Porén, que pasou ao final do acto que causou tanto patalexo?. Moi sinxelo, ao chegar a manifestación perto de Xove, os militantes do PC abriron as pancartas, fixeron pose pra os meios de televisión que estaban no lugar, mais a marcha non se achegou a ese lugar xa que se apartou por un atallo. Rafael Pillado, do Comité Executivo do PCG(6), intentou falar despois desde un muro aos concentrados. Máis oportunismo imposíbel, non só porque a convocatoria fora das CCLL senón porque a gran maioría dos manifestantes eran nacionalistas. Os berros dos concentrados, algún que outro enfrontamento e empurrón, evitaron a falcatruada. A esquerda estatalista fixo toda ela causa común e realizou un acto paralelo a uns cen metros da igrexa de Xove. Pola súa banda os organizadores da marcha realizaron, como estaba previsto, o acto final. Alí despregáronse aínda moitas máis bandeiras patrióticas (é dicir coa estrela vermella no centro) e tamén vermellas da UPG, e aumentaron os berros sobre os motivos da convocatoria. O primeiro en falar foi Antón López Pernas, das CCLL local. O seguinte en intervir seria Emilio López, secretario xeral das CCLL, que manifestou “que os de Xove como os de Lema (Baldaio) convertéronse en símbolo da unidade da loita labrega contra a explotación, en todas estas loitas as CCLL estamos presentes”. Despois sería Xosé Barbeito das CCLL das Encrobas, e por último Moncho Valcarcel, o crego de Sésamo, que deixou constancia de que “os galegos e galegas estamos eiqui porque non estamos dispostos a seguir sendo unha colonia”. Polo serán fíxose un acto en Portocelo ao que acudiron 1.500 veciños.
|
|||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||
|
Notas: (1) ANPG, siglas de Asemblea Nacional Popular Galega. (2) UPG, siglas de Unión do Povo Galego. (3) As eleicións foron realizadas o 15 de xuño. (4) En siglas CCLL. (5) MCG, Movemento Comunista de Galicia (6) Siglas do Partido Comunista de Galicia. |
|||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 17/04/2007 |
|||||||||||||||||
|