ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 14 de marzo de 2007

O propio alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, intervén impedindo que se chegue a un acordo
CIG-Servizos denuncia o boicot do Concello de Santiago á folga de limpeza

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Boicot do Concello de Santiago á folga de limpeza, clic para aumentar
Boicot do Concello de Santiago á folga de limpeza, clic para aumentar
Boicot do Concello de Santiago á folga de limpeza, clic para aumentar
Boicot do Concello de Santiago á folga de limpeza, clic para aumentar
CIG-Servizos realizou unhas fotos para demostrar que efectivamente o persoal do Concello realizou os labores de limpeza das instalacións municipais vulnerando así o dereito á folga. O propio conserxe axudou a tirar as bolsas de lixo acumulado. (Fotos: galizacig.com 27/02/2007).
 
CIG-Servizos vén de denunciar o decreto emitido polo Concello de Santiago, polo que se obrigaba a persoal municipal a realizar os labores de limpeza que correspondería desenvolver ao persoal en folga da concesionaria ISS Facility Services. Roberto Alonso, secretario comarcal da Federación de Servizos da CIG, asegura que este decreto vulnera o dereito fundamental á folga.

O Concello de Santiago, mediante decreto, ordeou “encarga-la realización das seguintes horas extraordinarias por parte do persoal municipal que tamén se relaciona, co obxecto de proceder á limpeza das dependencias municipais que se concretan, a partir da data de notificación da presente resolución ás interesadas”.

O traballo que se encargou desenvolver ao persoal municipal foi o de limpeza das dependencias que teñen a súa entrada pola Costa do Cristo, dúas tardes á semana, a limpeza das dependencias que teñen a súa entrada pola rúa Raxoi (Persoal, Informática e Lingua Galega) unha mañá á semana (martes) durante dúas horas e media; do Pavillón da rúa de Raxoi (Padrón Municipal) outra mañá (xoves), durante hora e media; limpeza das dependencias que teñen a súa entrada pola rúa Raxoi (Persoal, Informática e Lingua galega) unha mañá á semana (xoves) durante dúas horas e media, e do pavillón de madeira da rúa de Raxoi outra mañá (martes), durante hora e media; limpeza das dependencias da rúa Presidente Salvador Allende, tres mañás á semana durate dúas horas cada unha; limpeza das dependencias de Intervención e Tesourería, dúas mañás á semana durante dúas horas cada unha e limpeza das dependencias de Servizos Sociais, dúas tardes á semana durante dúas horas cada unha.

Roberto Alonso, secretario comarcal da Federación de Servizos da CIG de Compostela afirma que, vía decreto, o Concello de Santiago non só boicoteou a folga de limpeza senón que mesmo vulnerou un dereito fundamental que asiste a todas e todos os traballadores. Máis aínda, Alonso salienta que se obrigou ás traballadoras do Concello a realizar horas extra para realizar estes traballos.

Dificultando o acordo

E se non fora dabondo o boicot do Concello á folga, posteriormente CIG-Servizos tivo constancia de que o propio alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, impediu que se chegara a un acordo que poría final ao conflito. De feito, tras dunha semana de negociacións coa empresa concesionaria do servizo de limpeza, ISS Facility Services, e cando xa todo indicaba que a solución estaba en marcha, non se puido materializar pola negativa a colaborar do Concello.

 
 
Informacións relacionadas
16/02/2007 Despois de 19 días de folga
Ruído e protesta das traballadoras da limpeza do Concello de Compostela fronte a ISS Facility en Vigo
16/02/2007 O Movemento polos Dereitos Civís denuncia o impedimento de acceder ao Pleno
Raxoi rodea o Concello cun valado para evitar que as traballadoras de limpeza en folga se acheguen ao edificio
15/02/2007 O xoves 15 diante da sede da empresa ISS Facility Services
As traballadoras da limpeza en folga do Concello de Compostela concentraranse en Vigo
14/02/2007 Comezaron o pasado 29 de xaneiro unha folga de carácter indefinido
Corte de tráfico en Compostela das traballadoras da limpeza do Concello en demanda de equiparación salarial
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta