|
Actualidade CIG-Comunicación-
Francisco Rodríguez preguntou ao Goberno de Zapatero “se ten coñecemento da desmesurada carga policial que efectuaron os antidisturbios contra os traballadores/as de Atento”, se vai abrir unha investigación por estes feitos ou se vai pedir responsabilidades ao respecto. O deputado nacionalista lembra ao Executivo español nas súas interpelacións que “non é a primeira vez que axentes da policía en A Coruña se extralimitan na súa actuación contra traballadores/as que exercen os seus lexítimos dereitos a manifestarse en protesta polas súas situacións laborais”. Por último, o BNG insta o Goberno español a que inspeccione e controle o procedemento de despedimento de 179 empregados/as de Atento en A Coruña. Denuncia perante a Inspección de Traballo O Comité de Empresa presentou unha denuncia perante a Inspección de Traballo polo procedemento de despedimentos efectuado por Atento. Sinala que a documentación aportada pola empresa é insuficiente e non resulta fiábel. Os representantes dos traballadores/as apuntan que Atento incorre nunha fraude porque non aplica, ademais, o despedimento colectivo. Alegan que o obxectivo desta filial de Telefónica é desviar as chamadas do servizo do 1004 a países de Latinoamérica e xustificar, deste xeito, o descenso do volume de traballo aducido pola empresa. |
||||||||||
Informacións relacionadas
|
||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 17/03/2007 |
||||||||||
|