Actualidade / Crónica Volver


Vigo, 14 de febreiro de 2007

Crónica dunha aventura
Descenso de rápidos no río Paiva

 

Silvia Bermúdez Pérez e Pilar Rodríguez Pérez-

CIG-Mocidade


  Kaiak no río Paiva, clic para aumentar
Ao fin daba comezo a verdadeira aventura. O río transcorría encanonado nunha paisaxe abrupta, decorada por grandes rochas e un verde intenso. (Fotos: ©galizacig.com 10/02/2007).
Kaiak no río Paiva, clic para aumentar
Kaiak no río Paiva, clic para aumentar
Kaiak no río Paiva, clic para aumentar
Kaiak no río Paiva, clic para aumentar
  Kaiak no río Paiva, clic para aumentar
O pasado sábado día 10, un grupo de aventureiras e aventureiros xuntámonos ás 8 da mañá no local da CIG en Vigo, para partir rumbo aos rápidos do río Paiva (a 35 quilómetros de Porto).

A nosa aventura xa comezou de camiño ao noso destino. O primeiro altercado foi perder un coche polo camiño, e non calquera senón o que portaba o xantar. Despois, as sinuosas curvas do traxecto obrigaron aos nosos condutores a un repentino espertar.

Ao tempo que nos achegábamos ao río Paiva comprobamos como tanto os topónimos (Nespereira, Gondomar, Fornelos...) como a paisaxe (inclusive a praga do eucalipto) constituían a proba dun pasado común Galiza-Portugal.

Xa no noso destino, deixamos as nosas roupas para vestirnos cales superheróes “os incríbeis”. Neopreno, chaleco, chuvasqueiro, capacete... Vaia pintas!! Nada que envexar á pasarela Cibeles.

Pois desta guisa comezamos a nosa segunda aventura; meternos vinte persoas nunha furgoneta ante o abraio do noso colega portugués “non acredito” dicía mirándonos.

Dez quilómetros despois as sardiñas saímos da nosa lata, algunha (mais ben sardiño) algo machucada, e comezamos a descender até o río. Xa era a unha do medio día.

Ao fin daba comezo a verdadeira aventura. O río transcorría encanonado nunha paisaxe abrupta, decorada por grandes rochas e un verde intenso. Mágoa que a intensidade do descenso nos impedira desfrutar coa suficiente calma dese marabilloso entorno.

Ben en balsa, ben en piragua, protagonizamos un trepidante descenso. Armadas e armados con palas vermellas loitamos contra a corrente que unha e outra vez empeñábase en esmagarnos contra as rochas ou ben voltear as nosas precarias embarcacións (a verdade é que algunha vez o conseguiu).

Un parque acuático natural conducía os nosos corpos; pequenas fervenzas, remuíños, pedras, persoas que saían proxectadas (verdade Pili? je, je)... Puf, non había momento para o descanso. Canta adrenalina!!

Tras moitos momentos de diversión e tamén moitos negróns (non si, Silvia “garavanciño”? Ji, ji) fixemos unha parada, para descender “a nado” (mellor dito a golpes) o último rápido, un tobogán natural; e para tomar un té quente e un chocolate.

Xa de camiño comemos unhas empanadas, rosca e orellas de Entroido; e entre comentarios e propostas decidimos que a aventura non acaba máis que de comezar agora aínda nos queda lidar coas alturas!!!!


Silvia Bermúdez Pérez e Pilar Rodríguez Pérez.

 
 Ben en balsa, ben en piragua, protagonizamos un trepidante descenso
Kaiak no río Paiva, clic para aumentar Ben en balsa, ben en piragua, protagonizamos un trepidante descenso. Armadas e armados con palas vermellas loitamos contra a corrente que unha e outra vez empeñábase en esmagarnos contra as rochas ou ben voltear as nosas precarias embarcacións (a verdade é que algunha vez o conseguiu).
Kaiak no río Paiva, clic para aumentar  
Kaiak no río Paiva, clic para aumentar Un parque acuático natural conducía os nosos corpos; pequenas fervenzas, remuíños, pedras, persoas que saían proxectadas (verdade Pili? je, je)... Puf, non había momento para o descanso. Canta adrenalina!!
Kaiak no río Paiva, clic para aumentar  
Kaiak no río Paiva, clic para aumentar Tras moitos momentos de diversión e tamén moitos negróns (non si, Silvia “garavanciño”? Ji, ji) fixemos unha parada, para descender “a nado” (mellor dito a golpes) o último rápido, un tobogán natural; e para tomar un té quente e un chocolate.
Kaiak no río Paiva, clic para aumentar  
Kaiak no río Paiva, clic para aumentar Xa de camiño comemos unhas empanadas, rosca e orellas de Entroido; e entre comentarios e propostas decidimos que a aventura non acaba máis que de comezar agora aínda nos queda lidar coas alturas!!!! (Fotos: ©galizacig.com 10/02/2007).
 
 
 
  Silvia Bermúdez Pérez,
membro de CIG-Mocidade.

(
Máis artigos...)
  Silvia Bermúdez
  Pilar Rodríguez Pérez,
membro de CIG-Mocidade.

(
Máis artigos...)
  Pilar Rodríguez Pérez
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/02/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta