Actualidade / Opinión Volver


Santiago, 16 de febreiro de 2007

DESDE O VENTRE DA BALEA
O historiador e a memoria que non esquece

 

Rafa Villar-

CIG-Normalización Lingüística


O ano 2006, declarado institucionalmente como “Ano da Memoria”, prometía ser o ano que servise por fin a que esta restauración da memoria das vítimas do alzamento fascista de 1936 (e das catro décadas de ditadura que seguiron) comezase a ser posíbel. E aínda que fose de xeito incompleto e ás veces incomprensibelmente tímido, moitas memorias puideron emerxer da sombra o pasado ano.



  Abaixo o fascismo!, clic para aumentar
Agora chega, como unha xostregada na consciencia de noso, a citación para que o historiador Dionisio Pereira compareza perante a Xustiza. Piden unha retractación. Que negue as súas propias palabras que non son senón as palabras que a el confiaron familias de represaliados. Palabras que durante décadas apenas foron silencio, pero palabras que non sucumbiron ao esquecemento. E nesas palabras hai nomes. Os nomes do horror en Cerdedo e na comarca de Terra de Montes. Xentes que formaron parte da barbarie.
 
A publicación do libro ‘A IIª República e a represión franquista no Concello de Cerdedo’ levou o seu autor, o historiador Dionisio Pereira, a verse diante dun Xulgado tras a demanda de conciliación interposta por familiares dun ex-alcalde franquista de Cerdedo, o falanxista Manuel Gutiérrez Torres. Seica estes parentes piden que Dionisio se retracte e mesmo solicitan “danos e prexuízos” polas súas investigacións históricas.

Parece, máis unha vez, o mundo do revés. Coma se os verdugos estivesen a reclamar xustiza das súas propias vítimas. O historiador só pretende rescatar do esquecemento a dignidade dos homes e mulleres que foron fieis á legalidade republicana e sufriron represión por isto. E faino por solidariedade e compromiso, enarborando a bandeira da verdadeira historia. Da verdade histórica. Non da enterrada tras os corenta anos de ditadura franquista.

A transmutación do franquismo a partir de mediados dos anos 70 levou consigo, entre outras cousas, unha tácita manobra ‘de obediencia debida e punto final’, que exculpaba de responsabilidades a todo un réxime que fora ferozmente brutal. Nin sequera se contemplaba a restauración da dignidade das persoas e as familias que padeceran a represión por mor das súas convicións democráticas e republicanas.

O ano 2006, declarado institucionalmente como “Ano da Memoria”, prometía ser o ano que servise por fin a que esta restauración da memoria das vítimas do alzamento fascista de 1936 (e das catro décadas de ditadura que seguiron) comezase a ser posíbel. E aínda que fose de xeito incompleto e ás veces incomprensibelmente tímido, moitas memorias puideron emerxer da sombra o pasado ano. Tamén semellaba quedar claro que, pasado o “Ano da Memoria”, era ben continuar con este exercicio de xustiza histórica que nos coloca, dunha e outra maneira, ante o espello da historia.

Agora chega, como unha xostregada na consciencia de noso, a citación para que o historiador Dionisio Pereira compareza perante a Xustiza. Piden unha retractación. Que negue as súas propias palabras que non son senón as palabras que a el confiaron familias de represaliados. Palabras que durante décadas apenas foron silencio, pero palabras que non sucumbiron ao esquecemento. E nesas palabras hai nomes. Os nomes do horror en Cerdedo e na comarca de Terra de Montes. Xentes que formaron parte da barbarie.

Setenta anos despois hai quen pensa que non deben ser ditos e escritos os seus nomes. Ditos e escritos no papel que refai e reconstrúe a historia desde a ollada digna dos vencidos. Esa é a de Dionisio, esa é a ollada que non queren que vexamos. Por iso hai que estar con el, con Dionisio. Porque a verdade da historia debe ser escanciada para todos. Guste máis ou guste menos.


Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2007.

 
 
  Rafa Villar,
escritor e responsábel do Departamento de Normalización Lingüística da CIG.
(Máis artigos...)
  Rafa Villar
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/02/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta