|
Actualidade CIG-Comunicación-
As traballadoras desta subcontrata, un total de 30 mulleres, comezaron o pasado 29 de xaneiro unha folga de carácter indefinido, segundo a delegada sindical da CIG, Milagros Salgado, ante a pasividade tanto da empresa como do Concello para sentar a negociar. CIG-Servizos explica que todo parece indicar que a folga será longa, tal e como ocorreu en casos semellantes nos que se demandaba a equiparación. Neste sentido lembran a levada a cabo, recentemente, polo persoal da limpeza das instalacións da Xunta de Galiza en Lugo. Desde a CIG-Servizos tamén se salienta que outro dos obxectivos é denunciar publicamente a situación das subcontratas, non só na Administración pública, senón tamén naquelas empresas privadas que “o único que buscan é un abaratamento dos custos a costa da clase traballadora xa que en todas estas empresas as condicións de traballo dos convenios propios ou de sector son moi superiores aos das subcontratas”. Tamén se pretenden denunciar as condicións de traballo, sobre todo no que respecta á xornada. A maioría das traballadoras están a tempo parcial polo que quedan moitas veces ao arbitrio da empresa para ampliarlles a xornada. Do mesmo xeito salientan que o tempo que estas traballadoras dedican ao desprazamento para ir a cada lugar de traballo non lles computa como tempo de traballo efectivo. Desde que comezou a folga as traballadoras están celebrando todos os días concentracións diante das oficinas do Concello para denunciar publicamente a súa situación. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/02/2007 |
||||
|