ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 15 de febreiro de 2007

O xoves 15 diante da sede da empresa ISS Facility Services
As traballadoras da limpeza en folga do Concello de Compostela concentraranse en Vigo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  As traballadoras da limpeza do Concello pola equiparación salarial, clic para aumentar
Esta folga comezou o pasado 29 de xaneiro, tendo carácter indefinido, prevíndose unha longa duración en vista da actitude prepotente da empresa, que se nega a negociar coa representación sindical que hai na mesma. (Foto: Concentración perante a xuntanza de alcaldes da Mancomunidade de compostela o 30 de xaneiro. ©galizacig.com 30/01/2007).
As traballadoras da limpeza do Concello pola equiparación salarial, clic para aumentar
A maior parte destas traballadoras están contratadas a tempo parcial e en diferentes centros de traballo, non computándolles o tempo de desprazamento que utilizan en ir a cada un. (Foto: Concentración diante da Oficina de Recadación do Concello de Compostela o 29 de xaneiro. ©galizacig.com 29/01/2007).
 
A Federación de Servizos da Comarca de Compostela realizará un acto de protesta o día 15 de febreiro ás 16:30 horas diante das oficinas da empresa ISS Facility Services, sita na rúa Couto Piñeiro, 3, en Vigo. O motivo desta concentración é a folga levada a cabo polas traballadoras da subcontrata de limpeza do Concello de Compostela para conseguir melloras no seu convenio colectivo.

Esta folga comezou o pasado 29 de xaneiro, tendo carácter indefinido, prevíndose unha longa duración en vista da actitude prepotente da empresa, que se nega a negociar coa representación sindical que hai na mesma.

Sentouse por primeira vez aos 10 días do inicio da folga, e coa única finalidade de quedar ben diante do Concello, dando unha imaxe de diálogo, pero o único que buscaba e busca a empresa é continuar a manter os seus beneficios, sen atender ás necesidades destas traballadoras.

A maior parte destas traballadoras están contratadas a tempo parcial e en diferentes centros de traballo, non computándolles o tempo de desprazamento que utilizan en ir a cada un, dándose a circunstancia de que hai traballadoras que perden máis tempo no desprazamento que o que realizan para traballar.

Un exemplo máis da actitude prepotente de esta empresa foi o xesto de que nin sequera se quixo negociar co comité de folga para acordar os servizos mínimos, tendo que ser o Concello quen os decidise por decreto dunha forma claramente abusiva, e buscando boicotear desta maneira o dereito lexítimo que teñen estas traballadoras á folga. Este decreto está recorrido no xulgado do contecioso-administrativo en Compostela.

 
 
Informacións relacionadas
14/02/2007 Comezaron o pasado 29 de xaneiro unha folga de carácter indefinido
Corte de tráfico en Compostela das traballadoras da limpeza do Concello en demanda de equiparación salarial
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 15/02/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta