Actualidade / EntrevistaVolver a Actualidade


Vigo, 14 de decembro de 2006

Terceira xornada de folga en Selmark
Entrevista a Ana Davila delegada da CIG en Kamay

 

Zélia García-

zelia@galizacig.net


  Ana Dávila, clic para aumentar
Ana Davila: “O salario é nada, nin 600 euros. Eles fan contratos de formación cando non hai ningún tipo de formación e asínanse este tipo de contratos. E todo isto tamén se fai para cobrar as subvencións, aproveitándose tamén de contrataren a mulleres para explotalas do mesmo xeito”.
 
Este mércores 13 de novembro tiña lugar durante toda a xornada o terceiro día de folga na industria do téxtil de Selmark. As cinco despedidas continúan sen ter unha solución ao seu conflito e a empresa négase a negociar. Mesmo foron denunciadas polo peche que fixeron as cinco traballadoras dentro da empresa o primeiro día de folga.

A continuación reproducimos unha entrevista con unha das persoas máis activas en todo este conflito, Ana Davila, delegada sindical da CIG en Kamay, que expón en que situación se encontran estas cinco traballadoras despedidas e unha visión máis global sobre a situación das traballadoras do téxtil no noso país.


Zélia García:
En primeiro lugar, quería que nos contaras como comeza este conflito e as súas causas.

Ana Davila: Este conflito xurde polo despedimento destas cinco traballadoras que xa non son as primeiras, porque queren trasladar este taller, desfacerse del e vencellalo a outra empresa. Queren desfacerse deste persoal, facendo máis contratos que reciben moitas subvencións, e ao mesmo tempo trasladarse a un novo centro a Valadares, que lle sairía case gratuíto polas novas contratacións e por facer estas contratacións a mulleres. Eles pretenden desvencellarse deste taller, e non asumen responsabilidades, pero que levan 17 anos con contratos eventuais que son fraudulentos. Eles desde o segundo contrato e coas prórrogas que fixeron xa teñen un contrato fraudulento. Todos os contratos que facían eran contratos eventuais, cambiaban de empresa, e recibían as subvencións.

Zélia García: Cal foi sempre a vosa situación laboral e social?

  Folga en Selmark Vigo, clic para aumentar
Folga en Selmark Vigo, clic para aumentar
Folga en Selmark Vigo, clic para aumentar
Ana Davila: “Nós queremos chegar a un acordo e solucionar as cousas porque as prexudicadas somos nós, a empresa non está a ser prexudicada senón as persoas que está a despedir, que xa non teñen outro xeito de vivir, que tiñan o seu salario e agora ficaron sen nada. E que pasa coas despedidas que levaban 17 anos ai traballando?”. (Fotos: ©galizacig.com 13/12/2006).
 
Ana Davila: O salario é nada, nin 600 euros. Eles fan contratos de formación cando non hai ningún tipo de formación e asínanse este tipo de contratos. E todo isto tamén se fai para cobrar as subvencións, aproveitándose tamén de contrataren a mulleres para explotalas do mesmo xeito.

Zélia García: Agora estamos no caso de cinco traballadoras despedidas, pero este proceso xa se ven experimentando desde hai tempo.

Ana Davila: Efectivamente, estas son as últimas, pero en total van cincuenta mulleres despedidas de ambos talleres, sen contar as que están nesta sede de Selmark (Sárdoma) que non sabemos cantas despediron aquí. Agora por exemplo danlle á xente toda que se vaia este mes para casa, perden a antigüidade e volven a collelas para o mes de xaneiro como un contrato limpo. As traballadoras facilitámoslle ao final o labor de ter cartos, e as mulleres quedamos sen nada. E iso é o que pretenden facer marchando para o novo centro en Valadares.

Zélia García: Esta é a terceira xornada de folga que levades adiante, como valorades todo este proceso de mobilización e denuncia?

Ana Davila: Nós facemos unha valoración positiva, independentemente de que a empresa non se senta a dialogar con nós. Nós queremos chegar a un acordo e solucionar as cousas porque as prexudicadas somos nós, a empresa non está a ser prexudicada senón as persoas que está a despedir, que xa non teñen outro xeito de vivir, que tiñan o seu salario e agora ficaron sen nada. E que pasa coas despedidas que levaban 17 anos ai traballando? Traballábanlle 50 horas gratis, cada unha de nós, porque se nos obrigou a traballar o cuarto de hora do bocadillo, e dicindo que se non teriamos unha xornada partida. Este ano dixémoslle que nos pertencía ese tempo e tamén desde ai comezaron as represalias. Non houbo ningún tipo de cambio de actitude por parte da empresa, porque se podían ter feito contratos indefinidos polo traballo, pero non se respecta a xente.

Zélia García: E que máis pasos ides dar despois da folga que estades a levar adiante na xornada de hoxe?

Ana Davila: Agora hai xente que se lle remata o contrato o 31 de decembro, uns contratos que tiñan que ser indefinidos, porque a que menos leva debe levar oito anos, e a ver como quedan os contratos. Porque seguiremos a por todas, porque non se pode botar a unhas traballadoras que leven tantos anos na empresa, que agora con corenta, corenta e tantos anos se boten á rúa sen máis explicación. Iso é o que nós non podemos consentir como traballadoras, pola nosa dignidade que como traballadoras e mulleres todas temos. Seguiremos coa folga, reivindicando, iremos onde haxa que ir para que se mellore esta situación e a de todas as traballadoras do téxtil.

Zélia García: Chegouvos agora unha denuncia polo peche que fixerades as cinco traballadoras despedidas e os representantes sindicais da CIG nas instalacións de Selmark na primeira xornada de folga. Que é o que vos ven a dicir esta denuncia?

Ana Davila: Eles denuncian que nós entramos pola forza, e iso foi mentira. Nós entramos porque a persoa que teñen abaixo nos abriu, e estivemos dentro porque éramos persoal da empresa. Estivemos ai, sen facerlle mal a ninguén, e cando veu a policía á noite para desaloxarnos nós marchámonos. Na denuncia din que unhas persoas alleas á empresa entraron á forza na propiedade privada de Selmark, cousa que desde logo non é certa. E temos a vista todas as traballadoras que alí estabamos para o 18 de xaneiro.

 
 

Zélia García,
membro de CIG-Comunicación.

  Zélia García
 
 
Informacións relacionadas
12/12/2006 Pola readmisión de cinco traballadoras despedidas
Convocada folga en Selmark toda a xornada do mércores 13 de decembro
29/11/2006 O venres 1 de decembro ás 12 horas nova concentración de apoio e xornada de folga
Desaloxadas as cinco traballadoras despedidas que estaban pechadas en Selmark
16/11/2006 Convocada folga para os vindeiros 28 de novembro e 1 de decembro
O grupo téxtil Selmark despide a cinco traballadoras
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/12/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta