|
Actualidade CIG-Comunicación-
Esta é a terceira xornada de folga que convocan estas traballadoras da CIG para denunciar o seu despedimento e mesmo a situación da empresa, que tenta realizar unha reconversión encuberta e no que estas traballadoras non son as primeiras despedidas. A última concentración tivo lugar o venres 1 de decembro, na que as traballadoras despedidas acudiron portando a roupa de lencería que elas mesmas elaboraban e acompañadas de compañeiras do sector do téxtil, que con cunchas e chifres, volveron denunciar a ilegalidade do seu despedimento e a situación de precariedade que as mulleres galegas viven no sector. Con gritos de “mulleres somos, mulleres seremos, pero na casa non nos quedaremos” e berros pola readmisión das traballadoras tivo lugar esta última concentración e xornada de folga, á que volven estar convocadas todas as traballadoras de Selmark este mércores. |
||||||
Informacións relacionadas
|
||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 12/12/2006 |
||||||
|