|
Actualidade / Opinión Pilar Rodríguez Pérez-
Chegar a facer realidade esta “utopía”, como calquera outro tipo de conflicto, pasa por unha concienciación das/dos traballadoras/es, pola loita dentro da empresa por que se cumpran os nosos dereitos e pola denuncia administrativa e xudicial do incumprimento dos nosos dereitos. Isto é o que veñen de facer os compañeiros das ambulancias do 061 de Cangas durante os últimos meses de comunicacións a Ambulancias de Ponteareas dos problemas en materia de Saúde Laboral e Saúde Pública, atopándose só ante a negativa desta empresa a dar solución e estes. Comunicaron tamén desta situación tanto ao SERGAS como á Inspección de Traballo. Ante a impotencia de non recibir resposta, o pasado venres 27 expuxeron no Pleno celebrado en Cangas a situación na que este colectivo se atopa para facer participe do seu conflicto a toda a sociedade canguesa e para solicitar ao Concello que trasladen as súas reclamacións á Consellaría de Sanidade e á Consellaría de Traballo. Esta situación non só afecta aos compañeiros das ambulancias senón que, tamén é un problema que afecta as/os usuarias/os, é dicir, en definitiva a toda a poboación. Tamén afecta as/os profesionais que traballan no Centro de Saúde de Cangas que apoian nos servizos en que se precisa medicalizar a ambulancia, xa que se hai un problema de saúde laboral relacionada con contaminantes biolóxicos pola falta de tratamento de roupas e ambulancias, co que as/os profesionais do SERGAS vense expostos tamén a estes riscos. A Consellaría de Sanidade e o SERGAS deberían tomar parte na solución deste problema. A Fundación 061 subcontrata empresas de ambulancias para realizar os servizos, pero deberíase controlar por parte da Xunta as condicións de traballo nas que se desenvolven estes servizos de carácter público e máis coa importancia do servizo que presta que esta relacionada coa vida das persoas. A saúde é un dereito, e un problema de saúde laboral e saúde pública como o que están a denunciar estes compañeiros non pode ser obviado. As solucións non se deben facer esperar. A Administración pública debe garantir a seguridade no traballo e a seguridade das/dos usuarias/os dos servizos que presta ou en caso contrario tomar medidas coas empresas que sendo conscientes da situación obvian o problema. |
|||||||
|
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 01/11/2006 |
|||||||
|