Actualidade / Opinión Volver


Vigo, 4 de novembro de 2006

Outro reality show
 

Pilar Rodríguez Pérez-

CIG-Mocidade


  Contra a precariedade laboral, clic para aumentar
É así que o xoves pola maña máis de medio centenar de persoas concentrámonos para protestar contra a iniciativa desta empresa, que para o noso parecer converte un dereito fundamental como ter un traballo digno, en un frívolo e bochornoso espectáculo. Diversas persoas que se achegaron a empresa a participar na “selección de traballo” uníronse á protesta. Porque un traballo é un dereito, non un xogo!!! (Foto: ©galizacig.com 02/11/2006).
 
Gran Hermano, La Casa de tu Vida, Operacion Triunfo... e o xeito que utiliza a televisión para darlle a cada quen o que máis desexa: fama, casa, éxito... e facer partícipes aos televidentes de ventura e desventuras dos participantes.

Converte en ocasións, como en “La Casa de tu Vida”, o que debería de ser un dereito, e en realidade é un privilexio dalgúns, nun concurso onde curras o máis que podes para, se cadra, levarte unha casa.

Como se dunha gran productora da televisión se tratase, unha empresa de Vigo de Telemárketing, en colaboración con entidades como Concello de Vigo, Igape e Once, fai un “Gran Concurso” onde unha gran cantidade de persoas van concursar para recibir a cambio, se cadra, e se consegues o 1º premio un contrato indefinido!!!!

Esta iniciativa ademais, lévase a cabo nun sector que por convenio permite ate un 70% de eventualidade no sector. Por que non se promociona facer fixas a cantidade de persoas que teñen un traballo temporal na mesma empresa? Por que montan tremendo esperpento?

Non podemos permitir que se xogue con algo tan importante nas nosas vidas como conquerir un emprego, cando as taxa de eventualidade na xente máis nova están por enriba do 50% e as taxas de paro superan o 17%.

Así é como utilizan as desgrazas da xente, converten os nosos desexos nun concurso, véndennos como unha oportunidade única o que en realidade é unha oportunidade única para o empresario, en definitiva corrompen os nosos soños.

A empresa xustifica as “curiosas” iniciativas para promoción de emprego como o concurso ou un reality show que xa anunciou meses atrás como unha “oportunidade para dignificar o sector de Telemárketing, sector que está pouco valorado”. É dignidade vender a vida das/dos traballadoras/es?

Dignificar un sector para min é mellorar as condicións de traballo, aumentar os salarios, diminuír horas de traballo, traballar nun entorno saudábel... Por que non dignifican deste xeito o sector? Non son as propias empresas as que están a desprestixiar o sector coas condicións laborais e iniciativas coma estas?

É así que o xoves pola maña máis de medio centenar de persoas concentrámonos para protestar contra a iniciativa desta empresa, que para o noso parecer converte un dereito fundamental como ter un traballo digno, en un frívolo e bochornoso espectáculo. Diversas persoas que se achegaron a empresa a participar na “selección de traballo” uníronse á protesta. Porque un traballo é un dereito, non un xogo!!!

Esta iniciativa foi, finalmente un verdadeiro fracaso, como manifestou algún concursante. Debemos manternos firmes nas nosas reivindicacións. Que será o próximo? Que nos vixíen con cámaras e o público decida por SMS quen debe abandonar a empresa?

 
 

Pilar Rodríguez Pérez,
membro de CIG-Mocidade.

  Pilar Rodríguez Pérez
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/11/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta