|
Actualidade CIG-Comunicación-
As traballadoras de Selmark despedidas denuncian que a empresa tenta facer unha reconversión encuberta, xa que leva desde o 2005 nos dous talleres (Kamay e Confeccións M) un total de cincuenta mulleres despedidas. Ao mesmo tempo, esta empresa contrata a top models como Naomi Campbell á quen lle pagan altos salarios e as traballadoras destas empresas do téxtil non chegan nin aos 600 euros. Nos últimos dous meses, xa son nove as traballadoras despedidas, e a empresa continúa a aparecer na prensa con anuncios de que precisan persoal cualificado, e ao mesmo tempo están realizando confección en China, Portugal e Marrocos. Selmark fai roupa interior de muller que se vende a alto prezo e sempre como confeccionada aquí, e non nos seus outros centros de traballo. As traballadoras tamén denuncian que esta empresa está a despedir ás mulleres para contratar outras novas para cobrar subvención polo contrato de mulleres, e abrir un novo centro en Valadares para tamén cobrar as axudas polo traslado da empresa. Por todas estas razóns, as traballadoras convocan unha serie de mobilizacións que terán lugar o 28 de novembro con unha folga de tres horas e media diante de Selmark (avenida do Freixo nº 20), e o 1 de decembro tamén folga de tres horas e media con concentración diante das instalacións da empresa. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 16/11/2006 |
||||
|