ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 4 de outubro de 2006

Este mércores 4 ás 11:30 mobilizaranse na Cogami
Os traballadores e traballadoras de Garevol en folga concéntranse fronte á ONCE en Vigo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Concentración Garevol ONCE Vigo, clic para aumentar
Durante a concentración o Comité de Folga de Garevol pediu ser recibido polo delegado provincial da Once para presentarlle as súas reivindicacións e propostas para a solución do conflito.
Concentración Garevol ONCE Vigo, clic para aumentar
O representante sindical da CIG en Garevol, Alex
Lago Portela, informa aos traballadores/as.
Concentración Garevol ONCE Vigo, clic para aumentar
Ante a negativa do delegado provincial da Once a recibir ao Comité de Folga, as persoas que estaban concentradas fora da sede da Once en Gran Vía ocuparon a entrada e escaleiras do edificio. (Fotos: ©galizacig.com 03/10/2006).
 
Baixo o lema “Once, Cogami, Federación de Xordos e Dalphimetal explotan minusválidos” unha nova concentración dos traballadores/as en folga do centro especial de emprego Garevol enchía a Gran Vía e a sede da Once en Vigo de ruído, con chifres e cacerolas.

Deste xeito reclamaban por segundo dia consecutivo unha solución á negociación do seu convenio colectivo e melloras laborais e sociais para os seus traballadores/as.

Estes traballadores/as desde hai aproximadamente dez anos dedícanse a forrar en pel volantes de automóviles para Dalphimetal, aínda que aproveitando os baixos prezos que poden ofertar debido aos ínfimos soldos que pagan ás persoas discapacitadas, sendo en grande parte subvencionados polas Administracións, estanse a extender a outros campos. Ademais recentemente e a través dos enclaves laborais dedícanse a “alugar” a estes traballadores a empresas “colaboradoras” ao estilo ETT.

Durante a concentración o Comité de Folga de Garevol pediu ser recibido polo delegado provincial da Once para presentarlle as súas reivindicacións e propostas para a solución do conflito. Este negouse a recibir ao Comité de Folga, polo que todas as persoas que estaban concentradas fora da sede da Once en Gran Vía ocuparon a entrada e escaleiras do edificio da Once durante máis de media hora en sinal de protesta pola falta de respeto e ante a ausencia de vontade de negociación do socio maioritario de Garevol.

Este mércores 4 de outubro continuarán as mobilizacións e folga dos traballadores/as de Garevol con unha concentración fronte a sede da Confederación Galega de Minusválidos (Cogami), na rúa Martínez Garrido (detrás da Escola Oficial de Idiomas).


Vigo, 3 de outubro de 2006.

 
 
Informacións relacionadas
03/10/2006 O delegado provincial investigará o uso das subvencións deste centro especial de emprego para minusválidos
Máis de 200 persoas concéntranse diante da Consellaría de Traballo na primeira xornada de folga en Garevol
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/10/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta