ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 3 de outubro de 2006

O delegado provincial investigará o uso das subvencións deste centro especial de emprego para minusválidos
Máis de 200 persoas concéntranse diante da Consellaría de Traballo na primeira xornada de folga en Garevol

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Concentración Garevol Vigo, clic para aumentar
Concentración Garevol Vigo, clic para aumentar
A concentración que durou dúas horas estivo acompañada de chifres e moito ruído pola dignificación das condicións laborais e cos berros de “Garevol solución”. (Fotos: ©galizacig.com 02/10/2006).
Concentración Garevol Vigo, clic para aumentar
Alex Lago Portela, representante sindical da CIG, se dirixe aos traballadores/as despois da reunión mantida co delegado provincial de Traballo.
 
O martes 3, as 11:30 horas, continuarán en Vigo as mobilizacións desta folga cunha concentración diante da ONCE, socio maioritario.



O luns 2 de outubro, ás once e media da mañá, tiña lugar a primeira das concentracións nesta semana de folga dos traballadores e traballadoras da empresa Garevol. Máis de duascentas persoas concentrábanse así diante da Consellería de Traballo para reclamar que a Xunta investigue o uso das numerosas subvencións que recibe esta empresa, na que traballan persoas discapacitadas. O conflito xurde cando se rompen as negociacións da mellora do convenio colectivo e por un problema salarial, de trato e de xestión da propia empresa.

Durante esta concentración representantes dos traballadores foron recibidos polo delegado provincial de Traballo que se comprometeu a intervir para que a empresa volvera á negociación do convenio, e a investigar o uso das numerosas subvencións que recibe esta empresa pola contratación de persoas discapacitadas, o que lle supón un custe salarial moi baixo.

A concentración que durou dúas horas estivo acompañada de chifres e moito ruído pola dignificación das condicións laborais e cos berros de “Garevol solución”.

Once, Cogami, a Federación de Xordos e Dalphimetal son accionistas do centro especial de emprego para minusválidos Garevol SL, que está ubicada na Avenida do Aeroporto, 43, en Tameiga (Mos). En Garevol os ritmos de producción son aumentados dun xeito continuo, ademais de utilizar “enclaves laborais”, é dicir, estas persoas van traballar a outras industrias pero recibindo o salario sempre inferior de Garevol, todo o que lles reporta uns grandes beneficios.

Na Lei para a Integración Social do Minusválido fálase da creación dun “equipo multiprofesional” dependente da Administración que formado por técnicos tería como misión vixiar o correcto funcionamento destes centros. Estes equipos nunca foron creados, e así os traballadores e traballadoras de Garevol se encontran nesta situación de vulneración dos seus dereitos, privados de melloras salariais.

Por iso, o martes 3 de outubro ás 11:30 da mañá na sede da Once (Gran Vía) en Vigo continuarán as mobilizacións con unha concentración diante do socio maioritario desta empresa.


Vigo, 2 de outubro de 2006.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 03/10/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta