|
Actualidade / Artigo Xurxo Martínez Crespo-
No Estado español viven, segundo as estatísticas do Instituto Nacional de Estatística (INE), 1.010.409 estranxeiros sen permiso de residencia. Esta é a cifra resultante de cruzar o número de estranxeiros non comunitarios empadroados cos estranxeiros que teñen permiso ou tarxeta de residencia segundo o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Malia estas dúas cifras de organismos oficiais, o Partido Popular asegura que o número de estranxeiros sen permiso de residencia é de 1,6 millóns. Este número máis elevado do PP resulta da aplicación, por vez primeira, duna modificación da Lei de Estranxeiría, no seu artigo 16, na que se especifica que a inscrición no padrón municipal só surtirá efecto polo tempo que subsista o feito que a motivou e en todo caso deberá ser obxecto de renovación periódica cada dous anos cando se trate da inscrición de estranxeiros non comunitarios sen autorización de residencia permenente. Como a modificación da lei entrou en vigor o 21 de decembro de 2003, as primeiras caducidades das inscricións de estranxeiros comezaron a producirse o 22 de decembro de 2005.
As causas que dá a Administración para explicar por que non renovaron o seu padrón estes inmigrantes en situación irregular dentro do Estado español son varias, pero principalmente redúcesen a tres: Por falta de información ou coñecemento, por marchar do país ou porque foron empadroados sen residir no Estado. Pero o máis importante é a cifra, 2.968.500 (restando os estranxeiros non comunitarios que no renovaron o padrón), que numéricamente significa 13.453 máis que no ano 2005. En xaneiro de 2006, os inmigrantes con permiso de residencia eran 1.958.091 segundo os dados do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. A diferenza entre ambos grupos (empadroados menos regulares) dá o número de 1.010.409. Porén esta cifra é inferior a do ano 2005 obtida polo mesmo procedemento, 1.650.006. A diferenza entre esta cifra e a actual é de 639.597 e cadra coas autorizacións de residencia e traballo concedidas polo Goberno socialista despois do proceso de normalización de febreiro a maio de 2005.
O Estado español, con case 44,4 millóns de habitantes, ten 3,88 millóns de estranxeiros, un 8,7%. En 2006 empadroáronse 646.900 estranxeiros. Os dados deste ano tiñamos un 0,65% máis de poboación grazas á inmigración. Cataluña encabeza o número de estranxeiros con 866.800. Madrid sigue con 695.600 a Comunidade Valenciá é a terceira con 641.000, Andalucía a cuarta con 462.700. Canarias a quinta con 225.000. Murcia a sexta con 181.000. Baleares a sétima con 153.000. Castilla La Mancha a oitava con 126.500. Castilla y León a novena con 101.800. Aragón a décima con 98.900. Euskadi a undécima con 83.500. Galiza a duodécima con 71.800. Navarra a decimoterceira con 54.400. La Rioja a decimocuarta con 34.500. Asturias a decimoquinta con 29.700. Extremadura a decimosexta con 26.600. Cantabria a decimosetima con 22.800 e Melilla e Ceuta ás derradeiras con 3.900 e 3.000 respectivamente. As marroquinas e marroquinos son a comunidade estranxeira maioritaria no Estado español, con 535.000 persoas e unha porcentaxe do total de estranxeiros do 13,7, dos que 493.114 teñen tarxeta e 41.886 están irregulares. Ecuatorianas e ecuatorianos, 39.600 cun 10,2% e case 100.000 menos que o ano anterior. Romenas e romenos, 382.000 cun 9,8% e 70.000 máis que o anterior censo. Británicas e británicos, 274.000 cun 7,0% e 47.000 mil máis. Colombianas e colombianos, 238.600 cun 6,1% e 50.000 menos. Alemás e alemáns, 150.200 cun 3,8%. Arxentinas e arxentinos, 136.000 cun 3,5%. Bolivianas e bolivianos, 132.400 cun 3,4% e 40.000 máis. Italianas e italianos, 115.400 cun 2,9%. Chinesas e chineses, 98.100 cun 2,5% e 10.369 máis. Búlgaras e búlgaros, 93.800 cun 2,4%. Francesas e franceses, 89.700 cun 2,3%. E peruanas e peruanos, 86.900 cun 2,2%. Por zonas xeográficas da Europa non comunitaria son 645.600 (337.177 con residencia legal). De África, 741.600 (649.251 con residencia legal). De Estados Unidos, 44.700 (17.052 con residencia legal e o resto non está determinada a súa situación pois non están en situación administrativa de irregularidade). De Latinoamérica, 1.331.700 (986.178 con residencia legal). De Asia, 202.100 (177.423 con residencia legal) e o resto dos estranxeiros pertence a outros sitios como Australia, Nova Celanda, nun número reducido de 2.800 persoas. Entre os países latinoamericanos e de resaltar, ademáis dos anteriormente citados, a Brasil, con 67.500 dos cales 26.866 están en situación regular e 40.634 en situación irregular. Dominicana, con 56.100 dos que 50.765 están en situación regular e 5.335 en situación irregular. Venezuela, con 47.400 dos cales 25.372 están en situación regular e 22.028 en situación irregular. A República Oriental del Uruguay, con 42.800 dos cales 24.272 están en situación regular e 18.528 en situación irregular, e Cuba, con 41.700 dos que 36.142 están en situación regular e 5.558 residen sen o seu permiso administrativo no Estado español. Son as romenas e romenos os que en mayor número residen irregularmente, 189.866 no Estado español, número que case iguala aos que viven de xeito regular, que son 192.134. Esta situación que a meirande parte das romenas e romenos pensa arranxar cunha teórica entrada de Romania na Unión Europea dista moito de ser arranxada sinxelamente. Así como na Galiza nos anos da emigración foron moitas as nenas e nenos que tiveron que criarse sen os seus pais ao carón dos seus avós, hoxe, a emigración en Romania deixa segundo estatístacas dese país oriental a máis de 19.000 nenos romaneses sen pais. Este número medra en sitios coma Moldavia no que o aumento da poboación de nenos sen os seus pais chega ao 10% das nenas e nenos escolarizados. Segundo a romanesa Autoridade Nacional para a Protección dos Dereitos do Neno, nos primeiros tres meses de 2006, máis de 13.000 familias romanesas marcharon traballar ao estranxeiro e deixaron na casa 18.754 nenas e nenos. En 2005, segundo estatísticas da mesma institución gobernamental romena, 200.000 nenas e nenos romaneses estaban abandonados nas súas casas. De todos é sabido que o ingreso dun novo Estado á Unión Europea non implica o de libre circulación de persoas, segundo determinados aspectos. A situación romena será un problema a analisar en 2007. |
|||||||||||||||
|
|||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/09/2006 |
|||||||||||||||
|