|
Actualidade / Opinión Silvia Bermúdez Pérez-
CIG-Mocidade
Mediante o mal chamado "contrato de fomento do emprego indefinido", en determinados supostos, os contratos temporais convertidos en indefinidos pasan a ter unha indemnización por despido de 33 días por ano traballado cun máximo de 24 mensualidades, en vez dos 45 días e 42 mensualidades do contrato ordinario. Agora os colectivos con despido barato son:
Queda ben claro que o obxetivo é convertir esta modalidade no único contrato indefinido posíbel. Compre saber o que Jose Mª Fidalgo e Cándido Méndez pensaban sobre a proposta de reforma laboral que o goberno lles plantexaba en outubro de 2005. Así, o secretario xeral de CCOO sinalaba "damos la bienvenida a esta propuesta siempre que sea para mejorar la situación del empleo y no para abaratar los costes del despido", Fidalgo posicionábase en contra do abaratamento do despido argumentando que supondría "sustituir contratos fijos por fijos más baratos". Pola súa banda o secretario xeral de UGT se manifestaba no mesmo sentindo, declarando que o coste do despido "no es el principal problema del mercado laboral" (Diario Expansión, 18/10/2005). Que forza misteriosa produciu semellante cambio de parecer? Acaso en maio non opinaban o mesmo que en outubro? Xuzguen vostedes mesmos, eu xa non teño palabras. |
|||||||
|
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 07/07/2006 |
|||||||
|